Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 19 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha outros catro obradoiros online

Ata o 22 de xaneiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Reels, Instagram, impresión 3D e comercio electrónico

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o emprego de Instagram e da súa nova función Reels para a promoción empresarial, a impresión 3D e plataformas para a creación dunha tenda en liña.

 

En concreto, este martes 19 impartirase o obradoiro “Reels: a nova función de Instagram”, a cargo de Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.

 

O mércores 20 será a quenda de “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa”, que será impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais.

 

Pola súa banda, o xoves 21, o experto universitario en Robótica Manuel Freire, impartirá “Impresión 3D II: impresoras de filamento”, dando continuidade ao obradoiro desenvolvido a semana pasada.

 

Por último, o venres 22, Laura  Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, falará sobre comercio electrónico no obradoiro “Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.