MUNDO EMPRESA
A convocatoria do Galicia Emprende destina 5M€ en apoios ás novas iniciativas empresariais
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou a importante aposta do Executivo autonómico por favorecer o emprendemento coa posta en marcha de programas como o Galicia Emprende, do que na anterior convocatoria beneficiáronse ata 26 proxectos empresariais da área territorial de Vigo con preto de 700.000 euros.
Unha liña de axudas que na actual convocatoria,cuxo prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 22 de febreiro, está dotada con 5 millóns de euros e que prevé beneficiar a arredor de 50 novas iniciativas ou proxectos empresariais con menos de 42 meses de actividade, mobilizando 6,5 millóns de euros.
Así o informou a representante autonómica tras manter unha xuntanza con Empresarias de Galicia á que asistiu a presidenta de esta asociación, Susana Pérez, Arancha Mañas, membro da súa executiva, e Beatriz Couñago, xerente do grupo Tesol.
Tras reunirse con Empresarias de Galicia, apuntou que os apoios alcanzan o 80% do investimento subvencionable e poden chegar aos 400.000 euros por beneficiario
Segundo dixo, os apoios do Galicia Emprende chegarán ao 80% do investimento subvencionable, ata un máximo de 400.000 euros de axuda por beneficiario, e poden destinarse a obra civil, adquisición de bens de equipo, mobiliario, activos inmateriais, gastos de persoal, alugueiros ou contratacións externas de servizos, entre outros.
Neste senso, tras alentar ás empresas da área a presentar a súa solicitude, a delegada da Xunta apuntou que, entre os criterios de valoración, primarase a creación de emprego, a innovación, a aplicación de medidas de economía verde e circular ou a formación. Ademais, as empresas de economía social e aquelas que dispoñan da Marca Galega de Excelencia en Igualdade recibirán máis puntuación.
Asemade, Fernández-Tapias incidiu en que a este programa de axudas para emprendedores se suman outros apoios no ámbito do financiamento e o asesoramento, entre os que se atopa a rede de aceleradoras StartIN Galicia, que conta con iniciativas como as Business Factory vinculadas a sectores estratéxicos como a automoción (BFAuto), o alimentario (BFFood), o aeroespacial (BFAero) ou o farmacéutico (BFMedicines).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.185