Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 09:40:27 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 24 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
Baixo Miño

A Xunta incrementa en 11.616 as horas de Axuda ao Fogar no Baixo Miño

A Consellería de Política Social concede 5.568 horas de incremento a Tomiño, 2.712 a Tui e 2.412 ao Rosal, que recibe un dos ascensos porcentuais máis altos da provincia de Pontevedra

A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros. Ao abeiro desta medida, os cinco concellos da bisbarra do Baixo Miño van dispoñer de 11.616 horas máis cada exercicio.

 

O Concello de Tomiño vai ser un dos grandes beneficiarios da alza do orzamento do SAF para dependentes de toda Galicia no presente exercicio -que chegará ata os 83,6 millóns de euros-, xa que vai recibir o maior incremento desta prestación da zona, con 5.568 horas máis, un 12,6%, ata roldar as 50.000 por exercicio.

 

Ademais deste municipio, a Consellería de Política Social tamén vai conferir outros incrementos desta teleasistencia a outros catro municipios desta zona. Así, Tui vai dispoñer, dende este mesmo ano, de 2.712 horas máis, un ascenso por riba do 10%; O Rosal contará cunha alza de 2.412, cifrada no 17,2% e que é das máis importantes da provincia; mentres que A Guarda e Oia sumarán 660 e 264 horas máis por ano, respectivamente.

 

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, informou desta concesión aos concelleiros e traballadores de Servizos Sociais dos catro concellos beneficiarios desta zona nunha reunión telemática celebrada esta semana. Na mesma explicoulles que este incremento do SAF determinouse de oficio por parte dos servizos técnicos da consellería aplicando o criterio da lista de agarda de cada un dos municipios para poder atender a máis usuarios, especialmente na actual situación polos efectos sociais da crise sanitaria da covid-19.

 

En total, na provincia de Pontevedra vanse beneficiar desta medida un total de 32 concellos, que gozarán en conxunto dun incremento de 463.000 horas anuais de atención a dependentes ata chegar a case 2 millóns por exercicio, o que supón un ascenso do 30,5% nestes territorios.

 

 

 

 

Incremento do SAF para dependencia na bisbarra do Baixo Miño

Concello

Horas 2020

Incremento

% Incremento

Horas 2021

Tomiño

44.004

5.568

12,6%

49.572

Tui

26.028

2.712

10,4%

28.740

O Rosal

13.992

2.412

17,2%

16.404

A Guarda

24.372

660

2,7%

25.032

Oia

14.088

264

1,8%

14.352

 

Tras a xuntanza, Luisa Piñeiro destacou a “absoluta implicación” da Xunta de Galicia coa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, “con especial fincapé nas que sofren dependencia, que son as que se atopan máis desamparadas, sobre todo coa crise da covid-19, e que precisan que o Goberno galego estea ao seu lado, polo que ese é o noso compromiso e o que estamos a facer con este forte incremento da teleasistencia”.

 

Máis fondos para dependencia

Finalmente, revelou que unha das grandes reivindicacións do executivo autonómico co Goberno de España na cobertura económica da dependencia estase comezando a conseguir, xa que o Estado incrementará en 45 millóns a súa partida global para a dependencia en Galicia, alcanzando os 141 millóns de euros. “A cifra segue a ser insuficiente e incumpre a normativa, xa que fixa o 50% para cada administración e ata a data a Xunta poñía 304 millóns e o Estado os 96 restantes, o que nos impedía aumentar a dotación aos concellos. Pero en todo caso, é un avance despois de moito insistir e nos permitirá atender un pouco mellor as constantes demandas dos municipios, aos que ata agora non podíamos darlles máis horas porque o Estado só aportaba o 24% dos 400 millóns de euros que precisa cada ano toda a atención da dependencia en Galicia, na que o SAF xoga un papel importante pero non exclusivo”, concluiu a delegada territorial.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.