Galicia
A Xunta destinará 50 m€ o segundo plan de rescate a autónomos, microempresas e hostalería
Feijóo exlicaba que “Imos seguir poñendo diñeiro. Correspóndenos asumir as responsabilidades e non as imos condicionar a que outras administracións tamén respondan ás solicitudes”.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o segundo Plan de rescate a autónomos, microempresas e hostalería contará como mínimo con 50 millóns de euros e, deste xeito, en 90 días a Xunta sumará 140 millóns de euros en axudas para estes sectores.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo salientou que o investimento do II Plan de rescate sumarase aos 86,2 millóns de euros do primeiro, do que “a maior parte xa está pagado”. Así, das máis 40.000 solicitudes xa están aboadas o 80%, máis de 32.500, que suman máis de 66 millóns.
Destas solicitudes, 24.000 proveñen do sector da hostalería das que 20.000 xa están abonadas. En total, destinaranse 37 millóns de euros a esta actividade. “O 31% dos hostaleiros percibiron entre 2.700 e 3.500 euros por establecemento; o 21%, entre 5.500 e 6.500 euros; e o 15,2%, entre 6.700 e 8.500 euros”, engadiu.
Ao longo da súa intervención, Feijóo reiterou a disposición da Xunta a participar nun novo plan de rescate no que a Administración autonómica achegaría o 50%, as deputacións o 30% e os concellos o 20% restante, segundo o modelo proposto polo sector da hostalería e tal e como se fixo noutras comunidades.
“Mantemos a man tendida para buscar un acordo”, dixo, subliñando que, á espera de resposta de deputacións e concellos, “a Xunta vai seguir traballando”. Así, despois da reunión celebrada onte co sector dos autónomos, o da hostalería está chamado a unha nova reunión que se celebrará mañá, co fin de presentarlle o II Plan de rescate.
“Imos seguir poñendo diñeiro. Correspóndenos asumir as responsabilidades e non as imos condicionar a que outras administracións tamén respondan ás solicitudes do sector”, concluíu o presidente do Goberno galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186