Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 23 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello mosense disposto a participar no novo plan de rescate autonómico para a hostelería

Mos anuncia a man tendida á proposta do Presidente da Xunta

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou  que o Concello de Mos participará no segundo plan de rescate para hostelería que ven de anunciar o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, (e para o que este pediu colaboración de concellos e deputacións) pero reclamando tamén que a Deputación de Pontevedra dea o seguinte paso e se sume, como peza clave que é.

 

 

Mos é un Concello no que o comercio non existe prácticamente, agás comercio de alimentación, pero sí hai moita hostelería. En Mos hai preto de 100 hosteleiros, aos que de novo lles está a tocar sufrir, e polo tanto é unha das situacións máis duras vividas desde marzo de 2020. “Por iso sumámonos ás medidas que busquen a forma de axudarlles”, declarou esta mañá a rexedora local mosense.

 

 

Arévalo continuou explicando que “todos saben que a Xunta dotou o anterior plan de rescate de 86,2 millóns de euros e agora prepara un novo con outros 50 millóns. Sempre confiei en que a administración autonómica fose capaz de blindar a situación dos hosteleiros e novamente lle dou a noraboa ao Presidente, Alberto Núñez Feijóo, que ven de anunciar 50 millóns máis de euros para paliar a situación derivada desta terceira ola. E desde o Concello de Mos queremos tamén dar un paso adiante e anunciar que, se contamos co respaldo doutras administración como Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, unirémonos a este plan de rescate. Trataríase de que todos sumemos, de que as deputacións tamén estean ahí, como está a Xunta e, nese caso, Mos emprenderá a súa implicación municipal neste senso, tal e como está a solicitar o Presidente Feijóo. O Concello de Mos estará onde a Xunta de Galicia lle pida, pero tamén lle vamos a demandar á Deputación que estea á altura das circunstancias e se sume tamén, porque é unha peza fundamental que representa á provincia e é o Concello dos concellos, polo que é necesario que se implique”.

 

 

Trataríase dunha especie de “modelo valenciano” no que o Executivo Autonómico achegaría a maior porcentaxe do montante total do investimento, as deputacións a seguinte maior cantidade, e o resto os municipios.

 

 

“Sempre dixen que dar axudas municipais directas á hostelería sería imposible ao no dispoñer de recursos suficientes polo que, de darllas, estas serían axudas irrisorias que non lles solucionarían nada. Por iso ata o de agora nos decantamos polas bonificacións e exencións en impostos e taxas municipais. Pero aunar esforzos entre varias administracións, como estamos a plantexar agora, é cousa diferente”, sentenciou Nidia Arévalo, quen asegurou sentirse “tranquila como alcaldesa ante o gran respaldo que está a demostrarnos a Xunta, e do que, como galega, síntome orgullosa”.

 

 

A Xunta prevé aprobar este segundo plan en febreiro e nel reduciranse os requisitos para axilizar a tramitación e o pago das axudas.

 

 

O Goberno galego traballa neste segundo plan de rescate para autónomos, microempresas e hosteleiros, que estará dotado como mínimo con 50 millóns de euros que poderán ser máis, segundo as necesidades. O novo plan de rescate perfilarase nos próximos días na Mesa do Emprego Autónomo e no marco do diálogo social, en contacto con representantes do Clúster do Turismo e das asociacións provinciais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.