Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 19:38:51 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 23 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
A Guarda

Protestas da hostalaría guardesa

A plataforma “Hostalaría Guardesa” asegura verse "sorprendida polo apoio á concentración que se realizou este sábado 23 ás 11:00 h na céntrica praza de Avelino Vicente na Guarda".

 

 

Na concentración podían escoitarse frases como “Se fósemos banqueiros, rescatados os primeiros”, “se pechas os negocios por precaución, tes que acompañalos de indemnizacións”… que amosaban o nivel de cansanzo e enfado da hostalaría ante a situación que está a vivir coas restriccións levadas a cabo pola Xunta de Galicia sen medidas económicas que as acompañe.

 

 

Durante o acto, leuse un manifesto no que se responsabilizaba á Xunta de Galicia da actual situación de desamparo no que está o sector e lle esixe solucións inmediatas para salvar os negocios e os postos de traballo que xeran. Tamén deixaron claro que a hostalaría galega, en xeral, e a guardesa, en particular, non pode ser a que pague o prezo daquel “salvemos o nadal”.

 

 

A “plataforma Hostalaría Guardesa” entende que se hai que pechar, péchase, pero con indemnizacións directas polas perdas ocasionadas e que axuden a manter os hoteis, restaurantes e cafetarías mentres duren estas medidas restrictivas.

 

 

A actual situación de “peche encuberto” é insostible, sen dereito a ningún tipo de indemnización, pero sen practicamente posibilidade de poder traballar debido a que coas medidas tomadas case ningún local da Guarda é rendíbel telo aberto.

 

 

Dende “Plataforma Hostalaría Guardesa” queren "agradecer as mostras de apoio do pobo da Guarda, que amosou unha actitude de responsabilidade e que en todo momento se respectaron as distancias sociais esixidas para este tipo de actos". Así mesmo din que, seguirán "traballando e loitando para evitar a ruína duns negocios que xeran numerosos postos de traballo no concello".

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.