Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 26 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación súmase ao proxecto impulsado pola Rede Española de Cidades polo Clima

armela Silva: “Seguimos dando pasos no marco da nosa aposta pola sustentabilidade e por dar cumprimento aos retos da Axenda 2030”

A Deputación de Pontevedra vén de adherirse ao proxecto de “Cálculo de pegadas de carbono e proxectos de absorción” que está a impulsar a Rede Española de Cidades polo Clima da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

 

A presidenta provincial, Carmela Silva, explicou que esta iniciativa, na que xa se estaba a traballar no Pazo provincial, enmárcase na “aposta” da institución “pola sustentabilidade e por dar cumprimento aos retos da Axenda 2030”. “Queremos dar un paso máis” manifestou, e estender a outras áreas da institución o que xa temos avanzado no Pazo provincial co rexistro de consumos no marco do sistema de Xestión Medioambiental.  

 

Deste xeito, a través desta iniciativa da Rede polo Clima da FEMP, vaise rexistrar a pegada de carbono que xera a Deputación para, posteriormente, impulsar actividades que permitan compensar as emisións. Mediante o proxecto vaise analizar, en primeiro lugar, a pegada de carbono que xera a institución provincial a través do estudo dos datos de consumo específicos das súas instalacións, ben sexa electricidade, gasóleo e outros combustibles, papel e xestión de residuos. Tamén se vai poñer en marcha un plan de redución para minimizar o consumo de electricidade, calefacción ou papel e fomentar o transporte sostible.

 

Finalmente, preténdese absorber a pegada de carbono compensando as emisións mediante iniciativas concretas relacionadas ben con repoboacións forestais ou con actuacións en zonas incendiadas para o restablecemento da masa forestal existente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.