Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 25 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación esixe á Xunta de Galicia un ambicioso Plan de Rescate

Carlos Font instará a Xunta a que explique que recursos propios vai destinar “xa que o que está a manexar ata agora son unicamente fondos europeos ao través do React UE”

Un ambicioso plan de rescate para o Turismo, a Hostalería e os sectores afectados polas consecuencias da pandemia ao que a Xunta de Galicia destine o 1% do seu orzamento. Esta é a proposta que a Deputación de Pontevedra defenderá esta tarde na reunión co sector, as deputacións, a Fegamp e a Xunta, convocada polo Cluster de Turismo no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.

 

O deputado Carlos Font  anunciou que a Deputación de Pontevedra está disposta a participar nese Plan de Rescate, tamén cun 1% do seu orzamento provincial,  sempre que se cumpran dúas premisas. A primeira que  a Xunta de Galicia dea conta “dos recursos propios que vai destinar a este fondo, xa que ate agora o diñeiro que está a manexar son unicamente fondos europeos ao través do React UE e ningún recurso propio, xustamente ao contrario dos entes locais que no recibiron nin un ingreso extraordinario”. O deputado provincial lembrou os recursos recibidos polo Goberno galego dende o Estado que alcanzan xa os 735 millóns de euros, dos que 224 millóns están directamente dirixidos ás compensacións pola caída da actividade económica, outros 93 millóns a reforzar a Educación pública e 418 á Sanidade pública.

 

 

 

 

O deputado tamén defenderá que sexan os concellos os que xestionen o fondo como fai o Plan Valencia: “Levan un ano dando exemplo de capacidade, execución e proximidade”

 

 

 

 

Amais, Font esixirá que sexan os concellos os que se encarguen da xestión do Plan de Rescate. “Os entes locais levan un ano dando exemplo de capacidade de xestión, de execución e de proximidade cos sectores afectados pola Covid, e atendendo todas as necesidades cos seus propios recursos. Non hai unha administración que poida facer mellor esa xestión con transparencia, obxectividade e celeridade”, afirmou. Así, o deputado afirmou que “a nosa postura está clara. A Deputación de Pontevedra participará sempre que se cumpran as dúas premisas anteriores”.

 

A Deputación tamén insistirá na necesidade de transparencia cos recursos aportados ata agora pola Xunta, polo que instará ao goberno galego “a dar explicacións dos fondos recibidos polo Estado, o grao de execución desenvolvido, e o destino exacto destas partidas”. Tamén solicitará un relatorio das axudas que se deron desde a administración autonómica e daquelas que foron rexeitadas. Neste sentido, o deputado provincial lamentou “a publicidade enganosa que está a trasladar a Xunta de Galicia sobre as cantidades destinadas á hostalería. “Están confundindo ao sector e manipulando os datos porque nesas cifras que anuncian están sumadas todas as axudas a autónomos/as e demais sectores”, sinalou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.