Lunes, 29 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 30 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño aproba o seu Plan municipal de Prevención de incendios forestais

O Pleno do Concello aprobou a finais do 2019 a adhesión ao Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

 

En base a este convenio elaborase por parte da Consellería do Medio Rural o Plan municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Salvaterra de Miño que se aprobou provisionalmente  no día de hoxe e que estará durante un prazo de vinte días hábiles a exposición pública para a presentación de reclamacións e alegacións. 

 


Neste documento determínanse as faixas secundarias de xestión de biomasa, segundo establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nunha franxa de 50 metros:

 

  • Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

 

  • Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.

 

  • Arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

 

  • Nunha faixa perimetral de 50 metros arredor das novas instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as vivendas vinculadas a estas, así como as novas urbanizacións e edificacións que afecten zonas de monte ou de influencia forestal, non teñan continuidade inmediata coa trama urbana e que sexan estremeiras con monte ou con zonas de influencia foresta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.