MOTOR
Citroën ë-Berlingo coa tranquilidade eléctrica
Citroën presenta ë-Berlingo Van, a versión eléctrica do seu comercial lixeiro “Made in Spain” que ofrece unha maior produtividade a lxs clientxs profesionais grazas a novas tecnoloxías inéditas, unha funcionalidade e unha capacidade útil exemplares e as vantaxes da condución eléctrica.
“Citroën Berlingo Van, referencia no mercado das furgonetas, foi unanimemente recoñecido polo seu sentido práctico e como precursor de múltiples innovacións. Ao adoptar o mellor da tecnoloxía eléctrica achega aínda máis tranquilidade a lxs profesionais que atoparán no ë- Berlingo Van o socio ideal para levar a cado as súas tarefas diarias cun confort inédito, unha gran liberdade de desprazamento e un gasto de uso reducido, todo iso sen comprometer nin a capacidade de carga nin o volume útil. Despois de ë-Jumpy, elixido International Van Of The Year, e do ë-Jumper, o ë-Berlingo Van é un paso máis, e dos máis importantes, na nosa ofensiva eléctrica e unha resposta concreta aos novos retos de mobilidade para todos os profesionais” sinala Vincent Cobée – Director Xeneral de Citroën.
Segundo o perfil de condución, a batería de ións de litio do ë-Berlingo Van permite aos emprendedores realizar viaxes ou percorridos de ata 275 km sen necesidade de recargar. Utilizando a plataforma e-CMP de Groupe PSA, as dúas carrocerías do ë-Berlingo Van dispoñen da mesma capacidade de batería e desenvolven un nivel suficiente de autonomía para os desprazamentos diarios da inmensa maioría de usuarios deste segmento. A autonomía efectiva depende do tipo de condución, da velocidade, do consumo, dos equipamentos de confort e dos accesorios incorporados, da temperatura exterior, do número de pasaxeiros, da carga e da orografía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163