Vigo
Caballero acepta para Vigo os dous modelos propostos de axudas á hostalería
O alcalde considera “imprescindible” a indemnización ao sector hostaleiro da cidade e concorda coa idoneidade de aplicar os criterios que contempla tanto o modelo Valencia como o proposto polas deputacións galegas: a achega do 1% do orzamento de cada administración.
“Vigo acepta o modelo Valencia e tamén o modelo das deputacións, tramitado sempre polos municipios”, que é a administración máis próxima, sinalou o rexedor onte en rolda de prensa. Así, reclamou á Xunta de Galicia que “envíe os recursos e procederemos a abrir a convocatoria e asignar as axudas”, malia que dubidou da vontade do goberno autonómico de “querer cooperar”.
O alcalde expuxo que o modelo Valencia é “absolutamente aceptado por Vigo” supoñendo que a comunidade autónoma achegue o 62,5% das axudas, as deputacións o 22,5% e os municipios o 15% do total das indemnizacións ao sector hostaleiro. Os concellos serían os responsables de tramitar as cantidades para a súa convocatoria e execución. “ Se a Xunta de Galicia quere aplicalo acéptoo inmediatamente”, apuntou, lembrando que o goberno galego “debe mandar a Vigo 25 millóns de euros”.
Tamén acepta “inmediatamente” Caballero a proposta realizada polas deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo de que cada administración achegue o 1% do seu orzamento para axudar á hostalería, facendo as convocatorias os concellos, “e non hai desculpa para para que a Xunta de Galicia diga que non”, sentenciou, considerando amais que as cantidades que achegue non proceden do orzamento galego senón dos fondos recibidos da Unión Europea.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40