O ROSAL
O Concello do Rosal atenderá ao público só con cita previa
Ante a situación sanitaria actual, dende esta semana será necesario pedir cita para calquera servizo administrativo
Ante a actual situación sanitaria, na que Sanidade sitúa a todos os concellos de Galicia en nivel de alerta máximo, o Concello do Rosal pasará a atender ao público soamente con cita previa. Poderá solicitarse chamando ao teléfono 986 62 50 00 ou enviando un correo electrónico ao enderezo notifica@concellodorosal.es. A duración ou modulación desta medida preventiva dependera da evolución da situación e das directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.
Esta medida afectará a todos os servizos administrativos municipais, agás o rexistro de entrada, que continuará funcionando con todos os protocolos de prevención necesarios para facilitar o acceso á veciñanza e minimizar o risco de contaxio. Dende o Concello anímase a todos os veciños e veciñas a que realicen todos os trámites posibles a través da sede electrónica e que limiten a solicitude de cita previa para causas necesarias e trámites imprescindibles.
“Somos conscientes do complicado da situación, pero agora máis que nunca debemos ser responsables ante o que estamos a vivir e tomar todas as medidas que poidamos para tentar frear a pandemia. Queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade pero tamén lembrar que é importante non relaxarse porque estamos ante un momento decisivo para tratar de dobregar a situación e volver pouco a pouco á normalidade. Seguir neste camiño de recuperación vai depender de todas e todos nós. Por iso, agora máis que nunca, debemos de estar unidos ante este reto colectivo”, recorda a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Toda a información será ampliada ou actualizada a través da web municipal, concellodorosal.es, e das páxinas oficiais do Concello do Rosal en Facebook e Twitter.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149