LIBROS
Juan Ramón Santos e Pablo Gutiérrez gañadores do Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil
Juan Ramón Santos (Plasencia, 1975), coa novela O club dos catro emes, e Pablo Gutiérrez (Huelva, 1978), coa novela A síndrome de Bergerac, son os gañadores da XXIX edición do Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil.
O club dos catro emes é unha historia divertida, áxil e chea de sorpresas mesturada cun tema moi pouco habitual na literatura infantil como as adiccións ao xogo. Juan Ramón Santos si xoga pero coas palabras e cos seus entrañables personaxes para ofrecernos unha novela de detectives, chea de suspense e intriga, en que nada nin ninguén é o que parece, e cunha visión realista que foxe dun final feliz.
Con A síndrome de Bergerac, Pablo Gutiérrez, seleccionado en 2002 como un dos mellores narradores novos en español pola revista Granta e despois dunha exitosa carreira en ficción de adulto, fai o seu debut na literatura xuvenil. Unha novela que fala da capacidade das palabras para crear realidades e do teatro (máis alá do literario) como aglutinador dos talentos que atesouramos pero que non sempre nos recoñecemos. E en especial o talento da xente nova, sempre presentes nas súas novelas, da súa forza devastadora e da súa capacidade de compromiso e de creatividade. Unha homenaxe á maxia do teatro e dun nariz célebre e desproporcionado que xunta optimismo e éxito.
Dúas obras que teñen en común a súa pretensión de romper con certos prexuízos: o de non poder falar de certos temas, como a ludopatía, cos nenos e o de que os adolescentes son uns lacaceiros e están desmotivados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217