• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Lunes, 12 de Octubre de 2026

Actualizada Lunes, 12 de Octubre de 2026 a las 12:27:24 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Ocho bodas en un fin de semana en O Porriño, una en camión

      Ocho bodas en un fin de semana en O Porriño, una en camión

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • La Deputación destina 28.000 euros al saneamiento del campo de fútbol de Mondariz

      La Deputación destina 28.000 euros al saneamiento del campo de fútbol de Mondariz

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Cuatro concellos del Baixo Miño exigen frenar los cortes eléctricos

      Cuatro concellos del Baixo Miño exigen frenar los cortes eléctricos

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Somos Nigrán pide un parking bajo la parcela de Panxón

      Somos Nigrán pide un parking bajo la parcela de Panxón

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Lexus amplía su movilidad de lujo al mar con el LY680

      Lexus amplía su movilidad de lujo al mar con el LY680

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Jueves, 28 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
VIGO

A sede da deputación en Vigo cumpre un ano “histórico”

Carmela Silva: “Esta sede é unha referencia de participación social, cultural e de promoción do talento na cidade, e neste segundo ano despregaremos moitísimas máis accións”

A nova sede da Deputación en Vigo cumpre este domingo o seu primeiro aniversario “convertida xa nunha referencia social, cultural e de promoción do talento na cidade”, e será escenario dun gran abano de actividades tamén neste 2021. Así o subliñou hoxe a presidenta da institución, Carmela Silva, que cualifica de “histórico” o balance destes doce meses nos que o edificio da Rúa Eduardo Chao acolleu máis de cen actos de todo tipo, desde exposicións a festivais, lanzamento de proxectos, presentacións editoriais, entregas de premios, cursos presenciais e  on line, obradoiros e xornadas, a pesar da difícil situación sanitaria, que obrigou a pechar a sede no confinamento e a reaxustar numerosas accións. A presidenta da Deputación avanzou que neste segundo ano que agora comeza “despregarase tamén unha intensísima programación con moitas máis accións que xa estamos a preparar e anunciaremos moi pronto”.

 

Carmela Silva destacou que “a sede, neste edificio cedido polo concello de Vigo, está plenamente integrada na vida diaria da cidade. Conta con todos os servizos administrativos para que a veciñanza faga os seus trámites sen saír da cidade, da apoio ás persoas emprendedoras, e acolle actividades da Deputación. Pero sobre todo é un centro de cultura, de participación social, de actos e debate de ideas en distintos sectores, de defensa e traballo pola igualdade, e de promoción do emprego, a educación, o deporte, a innovación e o talento.

 

A pesares do impacto da COVID-19 na axenda prevista, a sala de exposicións Rosalía de Castro da sede tivo actividade regular este primeiro ano con cinco exposicións: “Sempre marzo”, “8M. A palabra empoderada das mulleres”, “Materiais para pensar, gozar e profanar” con obra plástica de María Xosé Queizán, “Redeiras” de Darío Basso, e “A viaxe da miña vida” de Down Vigo. A presidenta da Deputación resaltou o compromiso coa cultura e a igualdade tanto nas exposicións como nas demais actividades da sede. Entre os actos culturais citou os obradoiros literarios da Escola de Letras así como a celebración do Día das Escritoras cunha lectura pública a cargo de autoras e autores e outras figuras destacadas do mundo da cultura. Ao respecto da Escola de Letras, proxecto realizado en colaboración coa Editorial Galaxia, a máxima responsable da institución sinalou que a iniciativa continuará este ano na sede con dous novos obradoiros.

 

Ademais o edificio da Rúa Chao acolleu a presentación de ata cinco novidades editoriais en galego, a batalla mural de arte urbano, o lanzamento da marca Rías Baixas Film Fest, a Pasarela do Traxe Galego, o ciclo “Outra mirada de cine”, ou o Festival do Talento Feminino, entre outros eventos. “Na fachada da sede poden ver tamén o espléndido mural “Redeiras” de Darío Basso, outra mostra do noso compromiso coa cultura e a igualdade”, explicou a presidenta da institución.

 

A sede tamén foi escenario da presentación da plataforma “Descubre-As”, de apoio ás mulleres artistas e estudantes de música para visibilizar o seu talento. “É un proxectazo que naceu aquí, en Vigo”, ensalzou Silva. Tamén en materia de igualdade presentouse a web “Sereas” na xornada de Fundamar sobre o papel da muller no sector pesqueiro e marisqueiro; e celebrouse a sinatura co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, para dar continuidade á Cátedra Feminismos 4.0. O vindeiro 11 de marzo, avanzou Carmela Silva, haberá unha nova acción na sede vencellada a este proxecto académico pioneiro na investigación con perspectiva de xénero.

 

A Escola María Vinyals celebrou a xornada “Libres? Cousificación do corpo das mulleres”, con recoñecidas ponentes, e na sede entregáronse os premios Sofía Novoa da edición 2020. O 8M veu precedido dunha batería de actos a prol da igualdade, a sede iluminouse o 25N fronte á violencia contra as mulleres, e en decembro presentouse nela a campaña de xoguetes non sexistas da Deputación. “Foi unha intensísima actividade en materia de igualdade e queremos promovela desde as idades máis temperás”, comentou Silva.

 

Promoción do talento artístico
Unha das características dos eventos da Deputación é a promoción do talento artístico con actuacións musicais, recitais poéticos, performances, teatro e outras manifestacións. “Enorgullécenos ser un escaparate para artistas mozos e mozas. Encántanos darlles espazo e imos seguir promocionando o talento nas nosas accións, sobre todo o feminino”, destaca a máxima responsable da institución. Natary Feel, Tanxugueiras, Paulinha ou Coro Allegro son algunhas das artistas que deron cor coa súa música a estes actos. “Esta é a sede das mulleres, da igualdade, da loita máis fermosa que existe”, enfatizou.


 
No ámbito social o edificio conta cun novo Regulamento de utilización das instalacións e espazos para que os colectivos que traballen no eido social, cultural, sanitario, educativo ou de calquera outra índole de interese público poidan solicitar espazo e realizar actividades. Este foi o caso de Aedipe, Afaga ou Feafes Vigo, cun coloquio no marco do 25N. “Esta sede está a disposición de todas aquelas entidades que traballen pola cidade. Temos as portas abertas para que a xente entre”, explicou a presidenta da institución. mAdemais organizáronse os cursos de español para inmigrantes, que esgotaron as súas prazas. Esta iniciativa, coa que os e as participantes preparan o DELE A2, imprescindible para obter a nacionalidade española, volverá á sede con dúas novas edicións este ano. Por outra parte, celebráronse entrevistas do programa Labora 2020, promovido pola Deputación para a mellora da formación das persoas en situación de desemprego.

 

O apoio ás persoas emprendedoras foi unha constante. “É unha prioridade para nós apoiar os novos proxectos porque hai grandes ideas e moitas gañas de levalas a cabo”, sinalou Carmela Silva, quen puxo como exemplo a calidade dos dous showrooms empresariais realizados o ano pasado, o primeiro en febreiro e o segundo no marco da Aceleradora de Comercio de SmartPeme.

 

47 cursos e asesoramento a 157 empresas
Precisamente SmartPeme, o servizo da Deputación que da apoio ás persoas autónomas e emprendedoras no ámbito das novas tecnoloxías, desenvolveu  unha intensa actividade na oficina da sede de Vigo. En 2020 fixo 731 asesoramentos a 157 empresas e organizou 47 talleres e cursos “on line” nos que participaron 900 persoas.

 

“Son cifras moi potentes que mostran tanto o dinamismo das emprendedoras e emprendedores como o noso forte apoio ao sector empresarial nun momento ademais moi complexo no que as TIC son máis importantes que nunca, porque é a tendencia e porque a situación sanitaria fixo que gran parte da actividade das autónomas, autónomos e pemes se canalice a través de internet e as redes sociais”, detallou Carmela Silva.

 

Apoio ao sector turístico
O punto SmartPeme incorporou ademais a unha asesora de turismo en maio para reforzar a liña TurisTIC na zona de Vigo. Tamén en materia de turismo a Deputación organizou na sede a terceira xornada TurisTIC coa participación do Clúster de Turismo, o Clúster TIC Galicia e destacadísimos ponentes que aportaron ideas sobre o futuro do sector. “TurisTIC é xa unha referencia como punto de encontro e debate do sector turístico”, sinalou Silva, para recordar que a sede acolleu charlas para que as empresas turísticas tramiten, co asesoramento da institución, o selo de calidade SICTED.

 

No ámbito empresarial, a sede acolleu ademais o acto de entrega de premios da Asociación de Xoves Empresarios de Vigo, no que se recoñeceron novidosos proxectos de emprendedoras e emprendedores da cidade.

 

A degustación de produtos das Rías Baixas coa colaboración do CIFP Manuel Antonio, a presentación do equipo do Club Ciclista Rías Baixas, ou a apertura do curso académico de Radio ECCA foron outros dos eventos que acolleron as instalacións de Vigo en distintas materias. “Son  moitísimos actos culturais, sociais, empresariais, educativos, e de participación cidadá nun ano moi complicado, e que foron en paralelo á actividade administrativa da sede”, engadiu a presidenta.

 

Rexistro e ORAL
O persoal da oficina de Vigo atende  presencialmente con cita previa, con todas as medidas de seguridade fronte á Covid, e tamén telefonicamente, ás veciñas e veciños nos seus trámites coa Deputación.  No ano 2020  o número de Rexistros de entrada na sede foi de 2.390, e no caso do ORAL, o servizo de xestión de tributos municipais, pasaron pola sede 1.655 persoas.

 

“A toda esta actividade da sede neste primeiro ano súmanse os recursos da Deputación para Vigo. O carril bici, o 50% das obras no estadio de Balaídos, a humanización da Estrada Provincial, a UNED, o Vigo Sea Fest, os eventos deportivos, os pavillóns de Quirós e Romil, e moitísimas máis accións”, explicou a presidenta da institución, quen agradeceu a súa colaboración ao Concello de Vigo, para rematar: “Vigo conta para a Deputación e esta sede ule a cultura, a igualdade, transparencia, prestación de servizos, apoio ao talento... a todo aquelo que lle correspondía á cidade”.

 

Noticia anterior:
O Concello inicia a compra dos edificios da Praza da Igrexa e a súa reforma
Noticia siguiente:
O goberno de Vigo licita por 2,9 millóns a finalización da Vía Verde
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Planificar la herencia con antelación evita conflictos y protege el patrimonio

Planificar la herencia con antelación evita conflictos y protege el patrimonio

La energía nuclear reivindica su papel estratégico en A Coruña

La energía nuclear reivindica su papel estratégico en A Coruña

La genética hereditaria predice la evolución del cáncer de próstata

La genética hereditaria predice la evolución del cáncer de próstata

Huelga general: qué derechos tiene el trabajador y qué efectos legales conlleva

Huelga general: qué derechos tiene el trabajador y qué efectos legales conlleva

Opinión

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Los estudiantes españoles son oficialmente más tontos

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Detenido en Cangas con más de 5 kilos de hachís y cocaína

Detenido en Cangas con más de 5 kilos de hachís y cocaína

JUCIL denuncia que la falta de personal convierte las puertas de los cuarteles en un punto crítico de seguridad

JUCIL denuncia que la falta de personal convierte las puertas de los cuarteles en un punto crítico de seguridad

La Guardia Civil esclarece una estafa por la compra de una cámara online

La Guardia Civil esclarece una estafa por la compra de una cámara online

Fraude con tarjeta: investigan a dos vecinos de Moaña

Fraude con tarjeta: investigan a dos vecinos de Moaña

Agenda

Octubre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

Sesenta nuevos guías para las Illas Atlánticas

Sesenta nuevos guías para las Illas Atlánticas

La XGN Intermax enseña a crear una IA propia sin cuotas

La XGN Intermax enseña a crear una IA propia sin cuotas

Provincia

La Deputación lanza

La Deputación lanza "Un río, dos países, grandes experiencias"

La Deputación dobla el presupuesto para salud mental juvenil

La Deputación dobla el presupuesto para salud mental juvenil

Deportes

Bronce histórico del bádminton gallego en el Europeo sub-15

Bronce histórico del bádminton gallego en el Europeo sub-15

Porriño cae con claridad ante el Málaga (16-28)

Porriño cae con claridad ante el Málaga (16-28)

Surf y senderismo para 600 escolares en el Camiño da Costa

Surf y senderismo para 600 escolares en el Camiño da Costa

Motor

Lexus amplía su movilidad de lujo al mar con el LY680

Lexus amplía su movilidad de lujo al mar con el LY680

Salud

Ocho de cada diez personas rechazan que la IA sustituya a un psicólogo

Ocho de cada diez personas rechazan que la IA sustituya a un psicólogo

Las ojeras no son solo falta de sueño: la doctora Babentsova desvela el reto de rejuvenecer la mirada

Las ojeras no son solo falta de sueño: la doctora Babentsova desvela el reto de rejuvenecer la mirada

La depresión no siempre es tristeza: señales que alertan

La depresión no siempre es tristeza: señales que alertan

Turismo

Galicia afronta el Xacobeo 2027 con calidad turística certificada

Galicia afronta el Xacobeo 2027 con calidad turística certificada

Hogar

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

O Concello inicia a compra dos edificios da Praza da Igrexa e a súa reforma

O goberno de Vigo licita por 2,9 millóns a finalización da Vía Verde

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder