Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 13:31:56 horas

Xornal21.es
Domingo, 31 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Modificados o prazos da campaña Activa Tui

Os establecementos comerciais e hostaleiros poderán adherirse até o 28 de febreiro

O Concello de Tui vén de modificar os prazos establecidos inicialmente na campaña Activa Tui ante as novas medidas restritivas que entraron en vigor a semana pasadae que afectan directamente tanto aos establecementos comerciais coma a hostalería.


O prazo para a adherirse a esta campaña de bonos Activa Tui para os establecementos, se amplía até o 28 de febreiro. O próximo 1 de marzo será cando se faga pública a listaxe cos establecementos participantes.


Se modifica tamén o prazo no que a cidadanía, maior de 16 anos, poderá solicitar un máximo de dous bonos de 10€ para canxear en compras superiores a 25€ nos establecementos participantes.  Aquelas persoas interesadas en obter estes bonos poderán solicitalos entre o 1 de marzo e o 30 de abril en activa.tui.gal.  O emprego do bonos nos establecementos participantes poderá realizarse dende a súa recepción até o 30 de abril.
O Concello de Tui destina a esta iniciativa 50 mil euros.  Os bonos intégranse dentro do Plan de Reactivación económica do concello de Tui plantexándose coma unha medida extraordinaria para axudar o tecido empresarial a paliar os efectos económicos negativos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e persoas traballadoras autónomas do termo municipal.  


Toda a información sobre a campaña Activa Tui pódese ampliar en activa.tui.gal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.