Mos
Rescatan unha muller atrapada tras sufrir unha saída de vía en Mos
Unha muller foi excarcerada, esta mañá, despois de que o seu coche se saíse de vía e quedase envorcado en Mos
Arredor das 07:00 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba dun vehículo accidentado, na estrada de Petelos cara Peinador, despois de ter unha colisión contra un poste. Ademais, o particular afirmaba que o coche estaba dado a volta e que unha muller permanecía no interior sen posibilidade de saír.
Inmediatamente, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deuse aviso aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Porriño, ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Vigo.
Xa no lugar, os Bombeiros de Porriño confirmaron ao 112 Galicia que a moza xa estaba sendo atendida polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, logo de ter que ser excarcerada xunto cos efectivos do Servizo de Emerxencias de Mos.
Finalmente, dende o 112 tamén se alertou á empresa subministradora do poste danado no punto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126