Domingo, 07 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 29 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

O PSOE de Mos denuncia o “abandono” do goberno local á hostalaría

Dende a bancada socialista aseguran que "tratouse que chegar a acordos co goberno local, propoñendo a creación de liñas de axudas para os autónomos e os máis afectados. Foilles imposible xa que a alcaldesa respondeulles que era inviable darlle 1.000€ a un autónomo porque non os ía axudar en nada. Por iso que critican o dobre raseiro co que agora defende e fai gala dos case 222.000€ que a Xunta di que repartiu entro 127 locais mosenses, isto supón unha media de 1.700€ por establecemento" sinalan.

 

Por outra banda denuncian que "o único medio de apoio a este sector foi unha APP na que os locais volcarán a súa información". Denuncian o feito de que "este medio non se atope actualizado nin coas medidas restritivas anteriores nin cas que temos neste momento". Esíxenlle que "si esta é a única medida de apoio que toman, alo menos que sexa útil para os usuarios dos locais. Ademais de que sexa unha APP cunha información moito máis completa para que os usuarios atopen a máxima información posible".

 

A voceira socialista, Victoria Alonso, dí que "a hostalería mosense está nun claro caso de abandono por parte do Concello xa que non recibiron máis apoio que palabras de cara a galería na prensa. Convida o goberno municipal que inicie un plan de rescate municipal na medida do posible sen esperar ao que diga Feijóo, xa que incide na situación apremiante que están a padecer".

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.