Provincia de Pontevedra
Fracasa a negociación das Deputacións coa Xunta
A Xunta comeza a tramitar "coa máxima urxencia" o segundo Plan de rescate para autónomos e hostaleiros dotado con 75 millóns de euros
“Menos fondos e máis destinatarios. A intransixencia da Xunta a que os concellos aporten parte dos fondos e xestionen as axudas fai que hoxe perdamos a oportunidade de articular un verdadeiro plan coordinado de rescate para a hostalaría de Galicia e saiamos cunha liña máis de axudas da Xunta cunha cantidade claramente insuficiente para atender aos múltiples sectores á que vai destinada. Perdemos un plan de 140 millóns para hostalaría e turismo e saímos con unha liña de axudas de 75 millóns para todos os sectores, que nin é plan nin é para a hostalaría”.
Esta é valoración que fixeron públicas as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra do resultado da reunión desta tarde, para intentar chegar a un consenso sobre un fondo común de axudas para o sector da hostalaría e o turismo, no que participarían Xunta, deputacións e concellos, e que rematou sen acordo ante a negativa da administración autonómica a debater sequera aceptar a proposta de que as axudas fosen xestionadas desde os concellos, a administración máis próxima á cidadanía.
As tres deputacións lamentaron que a Xunta, que vén defendendo o “modelo Valencia” desde o principio, non acepte agora a fórmula valenciana de xestión, que canaliza as axudas a través dos concellos, cunha acreditada capacidade de xestión xa que foron a primeira administración en dar resposta ante as graves consecuencias sociais e económicas provocadas pola pandemia da Covid-19.
Apuntan que en Galicia xa hai moitos concellos que non tiveron problema en dar axudas de forma inmediata porque habilitaron sistemas que eliminaban burocracia e tempo, para que dunha forma fácil e áxil os sectores máis afectados puideran ter os fondos. “Os datos son claros: os concellos veñen demostrando que son moito más áxiles, rápido e eficaces nos pagos de facturas que a propia administración autonómica”.
As tres deputacións incidiron en que a proposta do “1% hostaleiro” é un sistema “xusto e proporcional, igual para todos” e volveron a comprometerse hoxe a achegar o 1% dos seus orzamentos a un plan coordinado de rescate dun sector que atravesa unha situación crítica, aínda que a Xunta, cun orzamento 100 veces superior, só achegue o 0,6% (75 millóns de euros).
Pero o acordo non foi posible debido á negativa rotunda da Xunta a que as axudas sexan xestionadas polos concellos, como propuxeron as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra e a propia FEGAMP, que reprocharon á administración autonómica que non atendera as numerosas ofertas de colaboración enviadas ao presidente Feijoo desde o inicio da pandemia e pretenda agora “pechar un plan coordinado de rescate de 100 millóns en 48 horas, sen diálogo e cunha postura pechada de antemán”.
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira destacou que asistira á reunión "con espírito construtivo" e lamentou que non se "chegara a un acordo". Pola súa banda, o voceiro do Goberno provincial coruñés, Bernardo Fernández criticou “a falta de vontade negociadora da Xunta, que acudiu á reunión coa única idea de impor o seu criterio”.
“Lamentamos que a Xunta prive ó sector dun verdadeiro e ambicioso fondo de rescate, de 140M€, tal e como propoñíamos, por non querer nin sequera falar da implicación dos concellos na distribución dos fondos”, afirmou a deputada de Turismo de Lugo, Pilar García Porto, que destacou tamén que “a Xunta apelou ao plan Valencia para a aportación dos recursos, iso si, sen contar para nada coas administracións implicadas, pero ese mesmo plan non lles vale como modelo para o reparto das axudas”.
A deputada lucense sostivo que “ a Xunta volve a demostrar que non conta para nada coa administración local, algo que vén facendo sobre todo dende o inicio da pandemia. Só conta cos concellos para impoñerlles cada vez máis competencias impropias, sen transferirlles os recursos. Todo o contrario, recórtallos”, sinalou denunciando “a total falta de lealdade e de respecto institucional desde un principio e ata a reunión de hoxe, na que nin quixeron escoitar a proposta que traíamos e, unilateralmente, decidiron levantarse da mesa”.
O deputado pontevedrés Carlos Font afirmou que “viñemos coa intención dun plan único de axuda aos sectores que sofren unha merma económica, unha proposta detallada, que é o Plan Valencia, un plan áxil, potente, absolutamente imbatible, legal e asumible. É dificil explicar o aceptar 75 millóns e non chegar a 140. Tócalle a Xunta explicar por que non quere o Plan Valencia que dixeron todo o tempo que era o idóneo”, apuntou.
Font considerou que “a Xunta entrou á reunión coa intención de romper, non quixeron escoitar” e sostivo que o principal problema é que “a Xunta non quere ceder fondos nin xestión aos concellos”. “Imos a manter o 1% e seguir plantexando cada día onde están os 224 millóns de euros de transferencias do Estado para caída de actividade económica”, concluíu.
As deputacións manteñen o seu 1% para plans propios de axudas
Aínda que a postura pechada da Xunta non permitiu crear un fondo común de rescate, as tres deputacións manteñen o seu compromiso de destinar o 1% comprometido dos seus orzamentos de 2021 a programas propios de axudas ou plans de reactivación económica nas tres provincias, que axuden a paliar os efectos sociais e económicos da pandemia entre os sectores máis afectados.
A Xunta promete "axudas máis rápidas"
A Xunta comezará a tramitar xa o segundo Plan de rescate dirixido a autónomos, microempresas e establecementos hostaleiros afectados polas restricións sanitarias como consecuencia da pandemia para cumprir así o compromiso adquirido cos interlocutores sociais e colectivos máis afectados de activar estas axudas o antes posible, dado o carácter urxente das mesmas.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron hoxe un novo encontro en Santiago de Compostela co presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, e con representantes das deputacións provinciais, na que trasladaron que o Goberno galego seguirá adiante coa súa folla de ruta para activar a segunda convocatoria do Plan en febreiro.
No encontro, volveron instar ás administracións locais e provinciais a sumarse á iniciativa para chegar ao maior número de persoas que peor o están pasando como consecuencia dos efectos da covid-19. A Xunta xa anunciou esta mesma semana que ampliará a súa aportación inicial, de 50 a 75 millóns de euros, polo que o Plan contará con máis de 160 millóns de euros entre as dúas convocatorias.
Os representantes do Goberno galego destacaron que deputacións e concellos tiveron hoxe unha nova oportunidade para adherirse ao Plan e lembraron que patronal, sindicatos, autónomos e representantes doutros sectores afectados, así como unha boa parte dos concellos galegos, pediron que sexa a Xunta a que xestione as axudas, xa que a avala a eficacia demostrada co primeiro Plan co que se demostrou a dilixencia nos pagos.
O obxectivo da Xunta é axudar canto antes porque “hai moita xente que o necesita e non podemos demorar máis os apoios”. Ao respecto, Rueda apuntou que o Goberno galego vén de elevar en 25 millóns de euros a achega inicial prevista para o segundo Plan de Rescate. “Son 75 millóns fronte aos 5 millóns de euros que aportarían as catro deputacións”. Deste xeito, por cada 100 euros, a administración autonómica poría 93,5 euros e as deputacións, 6,5 euros. “Hai deputacións que ata o de agora non deron nin unha axuda ao sector. E levamos 11 meses de pandemia”, engadiu.
Axudas máis rápidas
As axudas, polo tanto, activaranse en febreiro, con menos requisitos, máis rápidas, acumulables e complementarias coas recibidas no primeiro Plan de Rescate e co resto dos apoios anti-covid do Goberno galego. Os 75 millóns de euros sumaranse aos 86,2 millóns destinados pola Xunta á primeira convocatoria, co que serán en total máis de 160 millóns de euros que o Goberno destinará en 90 días a compensar o sacrificio dos negocios afectados polas últimas restricións aprobadas para preservar a saúde da cidadanía.
O importe das contías será maior en función das porcentaxes de perda acreditadas polos solicitantes e outra das novidades é que os autónomos non terán que acreditar ter recibido a prestación por cese de actividade. Tampouco se lles esixirá ás microempresas ter activo ou ter pasado por un ERTE para optar aos cartos. As liñas destinadas a autónomos e microempresas, así como unha específica aos establecementos hostaleiros pechados polas medidas sanitarias, serán compatibles entre si, e os perceptores de axudas do primeiro Plan de rescate poderán volver solicitalas e, de cumprir os requisitos, recibilas.
A Xunta estenderá estas axudas aos establecementos pechados como consecuencia das últimas restricións, pero tamén aos que soamente puideron servir comidas e bebidas en terrazas, para levar, ou a domicilio nas últimas semanas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11