Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 04 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos vólcase coa formación dixital adaptándose ás circunstancias da nova realidade

A crise sanitaria da COVID-19 obriga a primar e potenciar a formación para o emprego on line e desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos póñense en marcha dúas novas iniciativas nas que as persoas interesadas en participar deben incribirse esta mesma semana

A concellería de Promoción Económica, Desenrolo Empresarial e Emprego que dirixe a edil Julia Loureiro, informa de varias iniciativas postas en marcha desde a Axencia de Colocación de Mos nas que as persoas interesadas en inscribirse para participar nelas deberán facelo esta semana.


[Img #67574]O Concello de Mos está adherido desde fai anos con organismos relacionados coas novas tecnoloxías. Polo que desde fai anos a orientación tecnolóxica do Concello está definida e clara.


Algúns dos organismos cos que se colabora de xeito moi activo son a Rede Conecta, a través da Fundación Esplai e a Fundación Cibervoluntarias.


A través destas dúas entidades incorpórase á programación formativa da Axencia de colocación do Concello de Mos neste mes de febreiro un obradoiro de márketing dixital on line e unha convocatoria de exames de certificación en novas tecnoloxías.


O taller de márketing dixital on line do Programa Extraordinarias é totalmente gratuíto para os/as participantes e impartirase o 11 de febreiro ás 18.30 horas.


Trátase dun Programa destinado a formar en márketing dixital a mulleres emprendedoras de zonas rurais co  fin de potenciar ideas e negocios activos que están xerando valor e economía local para impulsalos a nivel global. Extraordinarias é un programa conxunto de Zona from Facebook e Fundación Cibervoluntarios xunto co Concello de Mos. As inscricións neste obradoiro deberán formalizarse na web https//mos.portalemp.com


Por outra banda está a certificación en competencias dixitais Microsoft Office Specialist e IC3. Estas certificacións son posibles grazas ao apoio da Rede Conecta á que está adherido o Concello de Mos.


[Img #67573]Trátase da 3ª quenda de exames de certificación (tamén gratuíta) convocada pola Rede Conecta para realizar desde a casa. Cada persoa só poderá apuntarse a unha das dúas modalidades de exame.


As convocatorias son para dúas modalidades: Modalidade Microsof Office Specialist (MOS), cun solo exame sobre Word 2016 o 24 de febreiro ás 10:00 horas,  sobre Excel 2016 o 25 de febreiro ás 10:00 horas, e sobre Power Point 2016 o 26 de febreiro ás 10:00 horas. E Modalidade IC3 GS5, con ata 3 exámenes sobre Fundamentos da Informática o 24 de febreiro ás 12:00 horas,  Aplicacións Chave o 25 de febreiro ás 12:00 horas e O mundo de Internet o 26 de febreiro ás 12:00 horas. A data límite de pre inscrición será o venres día 5 de febreiro. E a devandita pre inscrición deberá formalizarse exclusivamente na ligazón.


A xestión das inscricións e exames realízase exclusivamente desde a Rede Conecta a través deste enlace.
Será imprescindible a confirmación partir do luns 15 de febreiro de todas as persoas pre inscritas, que recibirán un correo cun formulario adxunto, para confirmar a súa presencia no exame. Só aquelas persoas que confirmen, recibirán a convocatoria online final para o exame. A data límite para esta confirmación é o día 19 de febreiro.
Ante calquera dúbida os/as interesados/as poden contactar coa Axencia de Colocación no teléfono 986487786 para poder xestionar coa Rede calquera incidencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.