O PORRIÑO
A Xunta inicia o "muestreo" nas zonas afectadas por lindano
O Concello do Porriño autoriza o inicio das mostraxes encargadas pola Xunta de Galicia para investigar zonas do municipio afectadas polo lindano. O traballo de prospección será desenvolvido pola empresa "GEOCISA" ("Geotecnia y Cimientos S.A").
As mostras de auga e as calicatas de solo realízanse en terreos de titularidade municipal no marco do "Plan integral de investigación para as áreas afectadas pola contaminación por lindano", promovido pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta.
Realizaranse un total de 72 prospeccións. Segundo a empresa, as mostraxes realizaranse en 11 puntos do Monte da Risca; en 12 de Alvarin (Atios); en 25 puntos da parroquia de Torneiros; en 12 localizacións da parroquia de Pontellas e noutras 12 en Mosende.
O mércores 3, a alcaldesa Eva García autorizou o inicio das mostraxes a "Geocisa", que notificará unha semana antes a data de inicio dos traballos en cada zona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186