VIGO
Feijóo: "o novo albergue de peregrinos de Vigo contribuirá a seguir mellorando a cidade"
O titular do Goberno galego visitou esta semana as obras do novo albergue na cidade
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana que o novo albergue de peregrinos de Vigo contribuirá a seguir mellorando a cidade e a experiencia xacobea.
Durante unha visita ás obras do novo albergue, Feijóo incidiu no papel das rutas xacobeas para transformar aldeas, vilas e cidades. Así, salientou que, cun investimento de 1,6 millóns de euros, este proxecto na cidade olívica consegue recuperar e unir dúas edificacións anexas entre a rúa do Berbés e a praza do Peñasco.
“Estamos a falar dun novo edificio que, no seu conxunto, contará cun total de seis plantas e cunhas instalacións totalmente accesibles para aloxar a 93 persoas”, dixo, recordando que este albergue forma parte dos traballos que se están a acometer para preparar o ano santo.
Dentro do plan director do Camiño, subliña que a Xunta destinou ata agora máis de 33 millóns de euros a albergues para, entre outras cousas, construír nove e levar a cabo melloras noutros dezaoito
“Non deixamos de traballar e seguimos preparándonos para aproveitar a oportunidade que supón un Xacobeo que se estenderá ata o 2022”, abundou, referíndose tamén á posta en marcha do proceso de certificación deste tipo de aloxamentos coa Q de Calidade.
Nesta liña, e dentro do plan director do Camiño, explicou que a Xunta destinou, ata agora máis de 33 millóns de euros a albergues para, entre outras cousas, construír nove e levar a cabo melloras noutros dezaoito. Ademais de confirmar a construción de 4 novos en Ferrol, Piñor, Sobrado dos Monxes e no concello da Coruña.
Así mesmo, o presidente da Xunta aseverou que ao longo deste ano realizaranse novas actuacións para mellorar os sendeiros e as estradas.
Feijóo concluíu subliñando que este albergue forma parte da aposta do Executivo galego pola rehabilitación. Non en van, na zona histórica de Vigo, a Xunta rehabilitou máis de 110 vivendas e 33 locais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171