Provincia de Pontevedra
O PSdeG-PSOE esíxelle á Xunta que "asuma progresivamente o custo real do SAF"
O secretario xeral dos socialistas pontevedreses, David Regades, destaca que a Consellería de Política Social recibiu 45 millóns extra do Goberno de España para Dependencia e só orzamenta 83 millóns “para un servizo que en Galicia é o piar do sistema”
"Os concellos non poden seguir asumindo máis cargas económicas derivadas do abandono das súas competencias por parte da Xunta de Galicia" asegura o secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, que advirte de que a xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) converteuse nunha pesada lousa nas economías municipais ata o punto de que en moitos concellos pequenos e rurais é xa a partida máis avultada do seu orzamento, mesmo por enriba da limpeza viaria e recollida de lixo.
Os socialistas presentarán mocións en tódolos concellos da provincia esixindo que a Xunta de Galicia trace un plan de aquí a 2023, coincidindo co Plan de Choque anunciado polo Goberno de España para reverter os recortes de Rajoy, co obxectivo de asumir o 100% do custo dun servizo que, segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia, corresponde, en exclusiva, á Xunta.
O Goberno de España, explica Regades, incrementou este ano en 45 millóns o financiamento da Dependencia en Galicia. A nosa comunidade foi a máis beneficiada dun reparto que totalizou 400 millóns de euros. Ao tempo, o Estado anunciou que seguirá incrementando as súas achegas ao Sistema Nacional cun total de 3.600 millóns durante o trienio 2021-2023 co obxectivo de reverter o “tesoirazo” acumulado de 2.600 millóns de euros durante o “período negro para a Dependencia”, é dicir, durante o Goberno de Mariano Rajoy.
As mocións recollerán tamén a reclamación de que Xunta actualice de xeito inmediato o prezo do módulo a 12 euros, utilizando para elo os 45 millóns cos que o Estado vén de incrementar a súa achega ao Sistema galego de Dependencia e a petición de impulsar un gran pacto político para que o prezo real se siga pagando sempre, con posterioridade ao ano 2013, “goberne quen goberne”.
David Regades amosa a súa perplexidade pola reacción da conselleira de Política Social, Fabiola García, diante da chegada de 45 millóns de euros máis para a Dependencia en Galicia. Lémbralle que a Consellería tan só consigna 83,6 millóns de euros para o SAF, un servizo que ela mesma cualificou como “o piar da dependencia na nosa comunidade”, ao entender que as persoas maiores prefiren quedar na súa casa con axuda antes que ingresar nunha residencia. “Unha afirmación coa que, en realidade”, engade o secretario dos/as socialistas pontevedreses, “só pretendía encubrir o nulo investimento do Goberno Feijoo en construción de residencias públicas, o que situou a Galicia á cola de España neste eido”.
Os concellos absorberon a suba do SMI e agora os efectos da pandemia
O SAF préstase a través dun convenio cos concellos dende o ano 2012. Deste xeito, son os Servizos Sociais Comunitarios municipais os encargados de tramitar as altas e xestionalo. A Xunta paga un prezo por módulo/hora de atención. Actualmente está fixado en 9,70 euros e está conxelado dende 2016. Non obstante, apenas ten subido dende a posta en marcha desta fórmula de colaboración. O prezo real da hora a día de hoxe, e así o demostran as sucesivas adxudicacións da prestación do servizo, está na contorna dos 18 euros/hora. Os concellos tiveron que absorber en solitario a suba que representou a actualización do Salario Mínimo Interprofesional en xaneiro de 2020 e agora enfróntanse a un crecemento de preto dun 20% no número de solicitudes de novas persoas solicitantes. O SAF, explica David Regades, “non pode ser outra pelota máis que a Xunta manda ao tellado dos concellos”.
“A reacción da Xunta, diante desta situación, é facer propaganda dicindo que autorizan máis horas, sabendo como saben que con iso só fan agrandar a bola de neve da falta de financiación para os concellos”, denuncia Regades, quen critica a insensibilidade do Goberno galego “afeito a pasar pola súa máquina de publicidade institucional asuntos que afectan gravemente á calidade de vida das persoas máis vulnerables”.
O secretario xeral dos socialistas esixe da Xunta “un mínimo de sensibilidade” cun asunto da máxima sensibilidade e que asuma as súas responsabilidades antes de que a situación se volva insostible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11