O PORRIÑO
Fernández-Tapias entrega tendas de campaña ás Agrupacións de Protección Civil de Cangas e O Porriño
A entrega destes equipos, tal e como informou a delegada territorial, enmárcase na orde de axudas para equipamentos de emerxencias, nas que a Xunta investiu o ano pasado 932.400 euros para reforzar os recursos das agrupacións de 87 concellos
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregou onte dúas tendas de campaña ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Cangas e O Porriño, beneficiarios da orden de equipamentos de emerxencias destinada a municipios de menos de 50.000 habitantes.
Coa entrega de estes equipos, o Goberno galego, que o ano pasado investiu 932.400 euros para reforzar o material das agrupacións de 87 concellos e 2 mancomunidades, busca incrementar a capacidade de resposta destas agrupacións ante as situacións de emerxencia.
Segundo informou a delegada, esta liña de axudas esta destinada as entidades locais que figuren no Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega) e estean situados por riba dos 500 metros de altitude.
En conxunto, tal e como detallou Fernández-Tapias, adquiríronse 37 tendas de campaña habilitadas para ser despregadas en situación de emerxencias, así como 12 esparexedores preparados para ser axustados a vehículos todoterreo ou remolques, 12 remolques equipados para intervir en incidencias como temporais ou inundacións, 8 vehículos pick-up, 4 UTVs, 4 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate e 12 coitelas para a retirada de neve.
O Goberno galego mantén así o seu compromiso en dotar aos servizos de emerxencias dos concellos galegos do equipamento adecuado para garantir a seguridade dos seus efectivos e, por ende, dos cidadáns. A Xunta contribúe deste xeito a mellorar a capacidade de resposta ante as emerxencias e nos últimos anos destino 15,3 millóns de euros en material cedido ás entidades locais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186