Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 18:41:45 horas

Xornal21.es
Domingo, 14 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O goberno de Nigrán "perdoa" o IBI ao 'Cine Imperial' da Ramallosa

A sala de cine fundada o 1 de febreiro de 1948 súmase por vez primeira ás agrupacións veciñais e culturais de Nigrán, que levan desde 2016 beneficiándose desta medida do goberno local

O Concello de Nigrán incluirá por vez primeira na bonificación do 95% do Imposto de Bens Inmobles  ao Cine Imperial da Ramallosa. O Concello levará ao pleno ordinario do 22 de febreiro a súa declaración como entidade de utilidade municipal xunto coas entidades veciñais e culturais que anualmente o solicitan (Centro Cultural As Angustias, A.V.A Camoesa, A.V. A Unión, O Torreiro de Priegue, Bolos da Carrasca, O Castro de Chandebrito...), o que implica unha rebaixa media no seu recibo anual de preto de 1.300 euros. Esta bonificación cadra nun intre especialmente duro para as entidades e para o propio cine, xa que actualmente manteñen as instalacións pechadas por decreto da Xunta.

 

Historia do Cine
O Cine Imperial fundouse o 1 de febreiro de 1948  da man de Latino Salgueiro Espinosa, un xoven enxeñeiro namorado do cinema, e continúa agora da man das súas fillas. Dende ese momento e ata os nosos días, milleiros de títulos pasaron pola súa pantalla e varias xeracións de espectadores polas súas butacas, especializándose nunha programación internacional de altísima calidade. O Imperial viviu tempos de gran demanda no que chegou a ofrecer programas dobres porque ir ao cine era unha actividade de ocio habitual. Igualmente, mentres a partir dos anos oitenta a meirande parte das salas de todo o país foron pechando, o Imperial seguiu adiante sobrevivindo ás multisalas ou ao aluguer de VHS e ao traslado da actividade ás grandes áreas comerciais.  Actualmente é unha verdadeira institución da comarca ao ser un dos contadísimos cines independentes que sobreviven en España, cuestión que lle valeu unha mención no Festival Primavera do Cine en Vigo do pasado ano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.