GALICIA
O Instituto de Estudos do Territorio informa aso concellos das novas directrices da paisaxe
Con esta nova normativa, que entrará en vigor o vindeiro 20 de febreiro, a Xunta quere afianzar a posición de Galicia en materia de paisaxe
O director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, vén de inicia unha rolda de encontros de traballos cos concellos galegos para informarlles da aplicación das Directrices da Paisaxe, que o vindeiro 20 de febreiro entrarán en vigor.
A esta primeira reunión, celebrada esta mañá en Ribeira, foron convocados catro concellos da comarca (Ribeira, Porto do Son, Boiro e A Pobra de Caramiñal, pero estes dous últimos non puideron asistir por circunstancias persoais) e manterase este formato reducido, cunha dobre finalidade: cumprir coas recomendacións e medidas para garantir a distancia social e para informar da aplicación práctica e particular a cada un dos concellos.
Francisco Barea defende a importancia de coñecer o contido da mesma, pois establece consideracións que deberán ser integradas en todas as iniciativas que se promovan no territorio para protexer os valores paisaxísticos
As primeiras Directrices da Paisaxe coas que conta a Comunidade galega están pensadas como unha ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afiance a súa actual posición entre as comunidades máis avanzadas en materia paisaxística.
O director do IET defendeu este tipo de encontros porque é moi importante que se coñeza o seu contido, por canto recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego, coa finalidade de preserva e coidar os valores paisaxísticos. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218