CULTURA
O Festival de Cans abre convocatoria, cunha nova sección
O festival, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, incorpora coma sección competitiva “Novas Camadas”, adicada a promover ás creadoras e creadores menores de 25 anos
O Festival de Cans abre a convocatoria de envío de obras a concurso para a súa XVIII edición que, como se anunciou hai uns días, volverá ter lugar nesta coñecida aldea de O Porriño do 1 ao 4 de setembro.
Ata o 16 de maio estará aberto o prazo para o envío de obrasnas categorías de curtametraxes de ficción, animación ou non ficción, así como videoclips, tendo como condición que todas as obras deben ser de produción galega e realizadas entre os anos 2020 e 2021.
Este ano, o festival abrirá desde o inicio a participación para a sección a concurso do Premio Deleite “Novas Camadas”, que o pasado ano se realizou mediante invitación, e se puxo en marcha só unhas semanas antes do festival. Ante a gran acollida que tivo a sección, tanto por parte do público como das creadoras e creadores, este ano será potenciada e destinada exclusivamente a promover directoras e directores menores de 25 anos.
O festival tamén recibirá longametraxes e calquera tipo de obra susceptible de poder ser programada ou presentada nas seccións paralelas do festival, dando prioridade en todas as categorías ás obras que aínda non fosen estreadas. Todas as obras poderán ser inscritas gratuitamente a través da propia web do festival, www.festivaldecans.gal.
O certame aumentará a cantidade destinada a premios, que rondará os 10.000 euros, distribuídos en catorce categorías, todas elas con dotación económica
O Festival de Cans volverá aumentar a dotación económica dos seus premios nesta edición, que rondarán os 10.000 euros. En concreto, repartiranse un total de 9.600 premios entre as catorce categorías a concurso, ademáis do característico Can de Pedra, o prezado trofeo realizado polo artesán Paco Candán, que reciben as gañadoras e ganadores de cada categoría.
A organización fixo un esforzo por aumentar na medida do posible a dotación económica en premios, e que poida supoñer unha axuda determinante para creadoras e creadores, nun momento moi complicado. O festival considera que é un esforzo que debe asumir, ratificando o seu compromiso coas novas e novos creadores, que serán os receptores dos principais premios.
As cantidades máis importantes estarán destinadas ó premio á mellor curta do xurado, con 2.000 euros, os premios á mellor curta de animación e mellor curta do público con 1.500 euros cada un, e o premio á mellor curta de non ficción, denominada "Furacáns", que será de 1.200 euros, ademáis de 500 euros para a mellor curta da sección “Novas Camadas” e 500 euros para o mellor videoclip. Como na edición anterior, haberá un total de catro xurados específicos para otorgar estes galardóns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184