O PORRIÑO
ABANCA e os comerciantes do Porriño traballan no impulso dos negocios locais
O banco pon a disposición da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño numerosas opcións de crédito para os autónomos e pemes da localidade
ABANCA e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) veñen de renovar o seu acordo de colaboración de tipo financeiro que ten como obxecivo impulsar e manter os negocios locais no marco da situación social e económica xerada pola crise da COVID-19.
A presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño, Juana Pérez Rodríguez, e o director da oficina do Porriño-Ramón González, Jorge García González, foron os encargados de rubricar o convenio de colaboración nesta localidade pontevedresa e deste xeito renovar o compromiso que mantén o banco co tecido empresarial da zona.
No documento reflíctese a posta a disposición dunha serie de servizos e produtos financeiros que permitirán dar resposta ás necesidades das empresas, sempre coas mellores condicións. Así, contarán con produtos deseñados de forma específica para poñer en marcha novos proxectos empresariais , pero tamén para mellorar a competitividade dos existentes. Por isto, ABANCA ofrece unha serie de préstamos e outras opcións de financiamento como as pólizas de crédito, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto comercial.
O banco activa as liñas de financiamento do ICO para apoiar as necesidades dos asociados
Ademais, para facilitar a competitividade dos asociados, os clientes terán á súa disposición o servizo de financiamento APLAZOS que lles ofrece o banco, co que poderán financiar as compras de forma rápida, sinxela e económica.
No texto tamén se recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV físico, pero tamén virtual , que cobra especial importancia hoxe en día, en especial polas necesidades actuais de distanciamento social.
Así mesmo, ABANCA reforza o seu compromiso co sector mediante o apoio ás necesidades actuais dos asociados, acentuadas notablemente pola crise da COVID-19.
Polo tanto, o banco activa as liñas de financiamento oficiais do organismo público ICO.
A maiores, tanto comerciantes como empresarios adheridos poderán beneficiarse das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA , que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén por outros servizos habituais como transferencias ou ingreso de cheques.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186