VIGO
O Concello mantén as achegas aos clubs deportivos
O Concello de Vigo vén de reformular as bases de concorrencia das axudas ao deporte para que os clubs poidan manter o apoio económico a pesares da redución da actividade imposta pola crise sanitaria. Deste xeito, o goberno local adxudicará achegas directas por valor de case dous millóns de euros para deporte de base e de elite
O alcalde anunciou que o Concello distribuirá case dous millóns de euros entre aos distintos clubs deportivos da cidade. Logo de reformular as bases de concorrencia para que a falta de actividade imposta pola crise sanitaria non supuxera un obstáculo legal, o goberno local poderá manter os seus compromisos co deporte vigués. Tal e como detallou, 925.000 euros serán para o deporte de base; 496.000 euros serán para os clubs de elite; 40.000 euros para o deporte urbano; 125.000 para a Fundación Vide e 308.000 para as escolas deportivas municipais.
Caballero fixo estas declaracións despois de visitar o pavillón polideportivo da ETEA onde o goberno municipal vén de instalar un practicable de ximnasia acrobática cun importe de 51.425 euros. Trátase dun pavimento brando que reúne as condicións técnicas precisas para esta práctica deportiva e que converte á ETEA na “mellor instalación de toda España. Amais, o Concello instalou no mesmo pavillón unha pista para esgrima adaptada, con ancoraxes, marcadores e tódolos dispositivos necesarios para a práctica de esgrima en cadeira de rodas e que tivo un custo de preto de 10.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171