PROVINCIA
O PSdeG-PSOE de Ponteareas aposta por continuar coas humanizacións no casco urbano
Trasladan dende o Grupo Socialista o seu socio de goberno novas propostas de peonalización o amparado do Plan ÁGORA da Deputación de Pontevedra
A xunta de goberno da deputación de Pontevedra celebrada esta semana aprobou un paquete de axudas para mellorar a mobilidade, así como aumentar o espazo adicado os peóns, este plan conta con unha dotación de máis de 2,4 Millóns de Euros para a redacción de proxectos e execución de obras.
Dende o PSdeG-PSOE de Ponteareas explican que "consideramos necesario ampliar as zonas que xa se empezaron a humanizar e tamén as que están previstos a través de novos proxectos que se encargaron ultimamente, para elo trasladámoslle o noso socio de goberno o BNG a necesidade de presentar candidatura o Plan ÁGORA para a redacción de proxectos das rúas Senén Canido, Morales Hidalgo, Constitución e Vidales Tomé, rúas que están no entorno da humanización da Praza de Bugallal, así como a rúa do Magnolio o carón de rúa Braña que foi o último proxecto encargado".
Tamén" plantexaremos os socialistas optar os fondos de construción para executar os proxectos da Praza da Igrexa en Moreira e da Costa de San Gregorio".
Dende o Grupo Municipal Socialista apostan "por seguir mellorando a calidade de vida dos nosos veciños e debemos para elo aproveitar a oportunidade que nos da este novo plan impulsado pola deputación de Pontevedra presidida pola socialista Carmela Silva".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49