Viernes, 13 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 19 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

AFAGA estrea o seu centro terapéutico en Salceda

O Concello de Salceda de Caselas ven de estrear o seu centro terapéutico, ubicado na antiga escola de Vendanova, e que servirá para acoller as actividades de AFAGA no municipio.

 

AFAGA atende a persoas diagnosticadas de alzheimer ou outras demencias, nun programa xestionado a través dos servizos sociais. Neste momento existen prazas dispoñibles, polo que as persoas interesadas poden dirixirse a este departamento para tramitar a súa solicitude.

 

O Concello de Salceda realizou a primeira fase da recuperación do edificio dentro do Plan Concellos 2019, cun investimento de 61.058,77 €, e a previsión é a de poder realizar a segunda fase no Plan Concellos deste ano, para poder facer uso tamén da segunda planta do edifico e poder deste xeito ampliar os servizos que ofrecerá AFAGA.

 

Juan Carlos Rodríguez, Presidente de AFAGA quixo poñer en valor o compromiso do Concello de Salceda coas persoas con deterioración cognitiva e as súas familias coidadoras, e destacou o desenvolvemento de programas de prevención para toda a veciñanza, nun centro que será modelo de referencia en toda Galicia para a creación das unidades terapéuticas no rural.

 

Gela Ledo, Concelleira de Benestar Social, resaltou a importancia da atención aos colectivos máis vulnerables, como neste caso, con servizos que lle permitan manter unha maior auotonomía persoal.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.