Ponteareas
O PP asegura que a nova Zona Azul “prexudica aos residentes”
Villar solicitou por escrito unha serie de melloras para actualizar a ordenanza de 2008 que regula a zona azul.
O Grupo Municipal do PP votará en contra da actualización da ordenanza municipal que regula a zona azul. A decisión foi tomada tras constatar os populares que o Goberno local non incluíu nin unha soa das propostas presentadas para mellorar a devandita orde.
“Mañá hai unha comisión informativa con este asunto e xa anunciamos o noso voto en contra por varios motivos. Primeiramente non procede modificar a ordenanza para que os veciños teñan a posibilidade de reestacionar dentro do tempo máximo, porque xa aparece así na ordenanza que está en vigor, e pola contra non se fai investimento na maquinaria que seguirá dispensando tickets de hora e media e non por intervalos de minutos. Segundo, amplían o horario de zona azul ás tardes, polo que os residentes desas zonas veranse gravemente prexudicados se non habilitamos un control específico de residentes ou outro mecanismo que lles permita aparcar preto das súas vivendas. Non esquezamos que en moitos casos son edificios antigos que carecen de garaxe. E por último, a nova ordenanza esconde un incremento do 15% en sancións polo incumprimento da devandita ordenanza. Pasarse da hora ou non poñer o ticket custará máis aos veciños de Ponteareas”.
O Grupo Municipal do PP lamenta que rompa desta forma o consenso anunciado e que non se incluíron as propostas que pretendían mellorar a ordenanza e a convivencia dos veciños de Ponteareas. “Todo foi un paripé, levan unha ordenanza cun texto definitivo. O diálogo está roto”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49