Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 17 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Hoxe comeza a vacinación das traballadoras da Axuda no Fogar de Mos

Desde o Concello celébrase esta boa nova que garantirá que estean protexidas ante a COVID-19 no seu posto de traballo e na súa vida cotiá e poidan levar a cabo o seu vital labor con seguridade e tranquilidade para elas e para os seus usuarios

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, informaron de que este mediodía ás 14.00 horas comezaron as vacinacións contra a COVID-19 entre o persoal do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, do Concello de Mos.

 

Un total de 53 traballadoras do servizo serán vacinadas. Hoxe recibirán a vacina un total de 30, para evitar poñerlla a todas á vez por si algunha experimenta algún tipo de reacción que o servizo non quede desprovisto de persoal. Nos próximos dous días vacinarase ás 23 traballadoras restantes.

 

O persoal do SAF é un dos colectivos mosenses máis imprescindibles durante esta crise sanitaria. Ademais de non ter interrompido a súa actividade laboral en ningún momento da pandemia, cubriron tamén desde abril de 2020 o SAF Temporal Extraordinario activado pola Xunta de Galicia e nunca deixaron de prestar servizo nos domicilios das 114 familias ás que atenden, aínda que neles existise algún positivo por COVID-19. Para elo estas heroínas contan coa axuda e colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, que as acompañan aos domicilios para facilitarlles a colocación de todos os EPIs dos que teñen que ir provistas e á saída para a pertinente desinfección e retirada dos mesmos.

 

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, destacaron “a importancia fundamental deste colectivo de traballadoras que se volven imprescindibles en tempos como os actuáis, xa que moitos dos usuarios do servizo son maiores enfermos que viven sós, e sen elas quedarían desatendidos. Ademais ao ser Mos un Concello eminentemente rural, moitas familias elixen este servizo para garantir a atención aos seus maiores antes que un centro, por exemplo. De ahí a importancia de que se vacinen, para que estean protexidas no seu posto de traballo e na súa vida cotiá e poidan levar a cabo o seu vital labor con seguridade e tranquilidade para elas e para os seus usuarios”, concluíron.

 

Por último rexedora local e edil de Política Social insistiron no “importante papel que xogan as traballadoras do SAF nos Servizos Sociais Municipais e no gran vínculo e coordinación que manteñen coas Traballadoras Sociais deste departamento, para garantir que maiores e familias usuarios estean perfectamente atendidos cada día”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.