Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas oferta un curso en liña 
de Lingua de Signos

[Img #67860]A Concellaría de Cultura nforma que se abre o prazo de inscrición para o curso de Lingua de Signos nivel A1.1. O curso é de balde e totalmente en liña, cunha duración total de 30h das que 20h serán de sesións lectivas en grupo en directo e as 10 horas restantes de actividades individuais e titorías.

 

O curso iníciase o 2 de marzo e desenvolverse durante os martes e xoves de marzo e abril, en horario de 18 a 20 horas.

 

Poderán acceder á formación todas as persoas maiores de 18 anos e que estean empadroadas no Concello de Ponteareas. Deberán dispor de conexión a internet e de ordenador, teléfono ou tableta con cámara dianteira.

 

O prazo para inscribirse  remata o venres 26 febreiro. A inscrición realizárase a través do rexistro do Concello de Ponteareas. É obrigatorio indicar un correo electrónico para que o equipo docente poida enviar as ligazóns e contidos do curso.

 

“Queremos ofrecer á veciñanza a oportunidade de aprender a lingua de signos dende o seu fogar neste tempos de restricións da mobilidade” sinala Fernando Groba, Concelleiro de Cultura. Ao mesmo, indica que ofertamos este curso co obxectivo de manter ás persoas activas con actividades de lecer positivas que permitan mellorar a súa cualificación profesional ao tempo que se favorece a comunicación coa persoas xordas e a inclusión.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.