GALICIA
Policías locais velarán polo o cumprimento das medidas anticovid na hostalaría
Alfonso Rueda destaca que “máis alá do apoio económico, queremos que o sector teña un horizonte de estabilidade e seguridade”
A Xunta abordará mañá na Comisión Galega de Cooperación Local a colaboración coas policías locais para o cumprimento das medidas anticovid nos establecementos hostaleiros. Así o avanzou este mediodía o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda.
Durante a súa comparecencia trala reunión do Consello e despois de lembrar que no día de hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a primeira das dúas liñas do II Plan de Rescate con 75M€ que, sumados ao I Plan de Rescate, supoñen 160M€ mobilizados en apenas 4 meses, o vicepresidente primeiro destacou que “máis alá do apoio económico, queremos que o sector teña un horizonte de estabilidade e seguridade”.
Neste sentido, incidiu en que o Plan de hostalería segura está baseado en tres piares fundamentais: a máxima seguridade para entrar, a máxima seguridade ante un posible gromo e o máximo control das persoas clientes dos locais. Para iso, Rueda remarcou a necesidade de que os establecementos da hostalería cumpran as normas antes de volver abrir co único fin de garantir a seguridade e a permanencia desas aperturas.
Ao longo da súa intervención, o vicepresidente primeiro explicou que a reunión do Consello serviu para sentar as bases do que mañá se tratará na Comisión Galega de Cooperación Local que manterá cos membros da FEGAMP que a integran en representación das entidades locais de Galicia, concellos e deputacións. Así, acordouse demandar aos concellos a necesidade de asegurar o cumprimento das restricións vixentes nos establecementos abertos ao público con licenza municipal, ben coa súa propia Policía Local ou co apoio do resto de Corpos e Forzas de Seguridade no caso de que teñan menos de dous axentes ou non dispoñan de corpo propio, como así o recolle a normativa autonómica mediante a Lei de espectáculos públicos.
“Esta é unha chamada á colaboración”, aseverou, explicando que o obxectivo é que as forzas e corpos de seguridade comproben o cumprimento das medidas de prevención. Trátase, pois, de vixiar que o local informa da capacidade máxima permitida, que se respecta o horario de apertura e peche e que, tanto os clientes como os empregados, cumpren coa distancia mínima de seguridade e o uso obrigatorio de máscara.
Alfonso Rueda concluíu transmitindo a súa seguridade de que o plan contará coa colaboración de todas as entidades locais no convencemento de que este é o camiño o que máis interesa aos profesionais da hostalería para que poidan volver traballar sen ter que dar pasos atrás.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11