Vigo
O goberno local reúnese cos comerciantes
O alcalde mantivo un encontroesta semana cunha representación de Vigo Comercio, que aglutina a comerciantes do Calvario, Bouzas, Torrecedeira, Teis, Zona Náutico e Zona Centro, e que lle presentaron cinco propostas de colaboración co obxectivo de incentivar o consumo nos establecementos asociados da cidade.
Na reunión celebrada no Concello participaron o presidente de Vigo Comercio, Roberto Giráldez; o vicepresidente, Rubén Pérez; o xerente, Raúl Fontán; o secretario, Carlos Acuña, e o representante da Zona Centro, Anxo Méndez, que abordaron con Abel Caballero o desenvolvemento dunha campaña de marketing promovendo o consumo no comercio local “porque se beneficia Vigo, a calidade é moi boa e os prezos moi bos”.
Entre as propostas de colaboración co goberno municipal para incentivar o consumo local está a confección de bolsas e máscaras protectoras con lemas que incentiven a compra no comercio local de Vigo, a organización de microconciertos nos barrios, a posibilidade de que o bus turístico vaia a tódalas zonas, a realización de campañas de fidelización de comercio ou retomar a celebración da gala do comercio de Vigo “como forma de lanzar á cidade a súa importancia” de xeito que a cidadanía poña en valor o papel do comercio na vida viguesa.
Ademais, o rexedor e Vigo Comercio trataron a participación do comercio local na plataforma de venda online na que está traballando o Concello e que “vai ser moi importante” e de uso gratuíto. Amais, avanzaron na preparación da campaña de verán, supeditada á evolución da situación epidemiolóxica, e Caballero trasladoulles que, se a pandemia o permite, “imos ter unha campaña de Nadal excepcional”.
O alcalde valorou o encontro como “construtivo; seguiremos xuntos” traballando e anunciou que convocará unha xuntanza coa hostalería porque o goberno municipal “ten preparado o plan de reactivación” trasladándolle aos comerciantes que os negocios hostaleiros pechados “deben ser indemnizados pola Xunta de Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171