Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 22 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O grupo socialista pídelle á Xunta que suspenda o expediente da escola infantil

Paloma Castro urxe á Xunta a asumir a titularidade da escola e executar as obras de legalización do proxecto

A parlamentaria socialista Paloma Castro presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que tome a iniciativa para resolver as irregularidades nas obras realizadas na escola infantil actual cando o PP gobernaba Ponteareas. Reclamoulle á Xunta “respostas que pasen pola asunción das competencias que lle son propias, como a titularidade e xestión da escola infantil, ou a colaboración económica nas obras para adaptar á legalidade o proxecto de ampliación”.

 

A parlamentaria socialista pediulle ao goberno galego que suspenda o procedemento sancionador ata que se actualicen as obras de ampliación, que no seu día foron encetadas de forma irregular. Lembra que este proxecto, que foi iniciado en 2006, recibiu ata 7 inspeccións e requirimentos da Xunta entre 2006 e 2009 derivados da falla de autorización para a ampliación da escola con dúas aulas novas.

 

Aqueles procedementos foron paralizados coa chegada do PP ao goberno da Xunta en 2009, ata que en 2012, a raíz dunha inspección rutineira, o goberno municipal foi advertido de que as aulas non estaban autorizada e debían ser legalizadas con obras de adaptación. O Concello fixo caso omiso das advertencias ata que non chegou o novo goberno municipal, que encargou un proxecto de legalización homologado pola Xunta en 2019.

 

Sen embargo, o Concello recibiu recentemente un expediente da Xunta incluíndo unha sanción económica que deixa ao Concello nunha “difícil situación”. Castro explica que “ao elevado custe do proxecto de legalización, que o Concello non pode asumir en solitario, súmase o agravio para os 80 nenos e nenas matriculados na escola infantil e que quedarían sen clase durante o tempo que duren as obras”.

 

Galiña Azul

Reclamoulle ademais ao goberno galego que “rescate do caixón” o proxecto de nova escola infantil ou Galiña Azul no parque forestal Ferro Ucha de Ponteareas. A responsable socialista solicita en primeiro lugar que o goberno galego atenda ao proxecto para construír unha nova escola infantil no dito parque forestal, logo de “múltiples peticións á Xunta para a implantación dunha Galiña Azul” diante da falla de escola pública alternativa no Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.