PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra volve a rexeitar “o modelo habitual da Xunta”
Na Comisión Galega de Cooperación Local, a Deputación esixiu á Xunta “un Fondo Local con transferencias obxectivas, a creación dunha comisión de fondos europeos, e que as novas normas que supoñan competencias engadidas veñan cos recursos para financialas”
A Deputación de Pontevedra rexeitou novamente esta semana “o modelo ao que nos ten acostumados a Xunta de Galicia, baseado en que a administración autonómica propón e o mundo local e quen aporta os recursos”. Con esta aseveración resumiu o deputado Carlos Font a reunión desta mañá da Comisión Galega de Cooperación Local, na que a Deputación de Pontevedra mostrou a súa desconformidade. “Volvemos doutra reunión que novamente foi un canto ao sol, na que a Xunta mostrou a súa verdadeira cara de administración centralista e a súa total falta de colaboración co mundo local”, sinalou.
Cumprindo cos principios da autonomía local, recollidos na Constitución, a Deputación de Pontevedra volveu a instar á Xunta a que estableza un auténtico Fondo Local, con transferencias de recursos baseadas en principios obxectivos, con equidade, e que respondan ás demandas que concellos e deputacións veñen reiterando desde fai 10 anos. Carlos Font defendeu que “ese Fondo ten que ser incondicionado para que sexan as entidades locais as que establezan prioridades e a urxente financiación para asegurar a garantía de dereitos e servizos”. Da mesma forma, a Deputación de Pontevedra esixiu á Xunta que cada vez que aprobe normas que signifiquen competencias engadidas, “esas normas veñan acompañadas dos recursos necesarios para poder financialas”. En calquera caso, dixo o deputado, a Xunta ten que asumir de forma urxente as competencias impropias que están costeando as administracións locais e, en particular, aquelas que teñen que ver coa atención a menores, formación como o caso da Escola de Enfermaría de Pontevedra, ou os sectores agrogandeiro e fitopatolóxico”. Por elo, engadiu, non imos participar en políticas ficticias ou comisións que nada aportan. O que de verdade cambiaría o exercicio da política local é que a Xunta transferise os recursos aos que ten dereitos o mundo local”.
Carlos Font: “Outra vez un novo canto ao sol que mostra a actuación da Xunta como administración centralista. Non imos participar en políticas ficticias e comisións que nada aportan. O que ten que facer é asumir as súas competencias”
Amais, a Deputación de Pontevedra reclamou á Xunta de Galicia a creación dunha Comisión de Fondos Europeos “para asegurar que aqueles que poida xestionar a administración autonómica cheguen a todo o territorio con criterios claros e transparentes”. O deputado sinalou que é moi fácil de entender. “Do mesmo xeito que a Xunta esixe ao goberno do Estado participar na xestión dos fondos europeos, as entidades locais esíxenllo á Xunta”.
Carlos Font tamén expresou o respaldo da Deputación de Pontevedra “a todas as reclamacións da Fegamp para que a Xunta asuma os custes de cuestións que son da súa competencia e que soportan os concellos, como o mantemento dos centros de ensino primario”. Tamén lamentou que no seu informe, a Xunta de Galicia poña de exemplo a administracións “que están á cola en transferencias directas aos concellos, que se fan con principios que nada teñen que ver coa equidade, e onde o reparto de fondos só atende aos cores políticos”. “O modelo realmente transparente e democrático, afirmou o deputado, é o que establecen as deputacións de Pontevedra, A Coruña ou Lugo co Plan Concellos ou Plans Únicos. As propostas da Xunta son absolutamente contrarias ao modelo que defendemos as administracións locais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11