PROVINCIA
O Goberno provincial dá luz verde ás subvencións ao deporte federado
As axudas da Deputación ascenden aos 600.000 euros e se distribuirán por concorrencia competitiva e con criterios obxectivos
“O noso apoio ao deporte é incuestionable”. Con estas palabras a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo en valor o compromiso da institución co deporte tras aprobar en Xunta de Goberno as bases para as subvencións para clubs deportivos da provincia sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior nacional ou rexional preferente para este 2021.
As axudas aprobadas ascenden a 600.000 euros e a súa distribución será de 500.000 euros para o deporte federado de ámbito inferior ao nacional e os 100.000 euros restantes para os clubs de rexional preferente. A presidenta provincial quixo lembrar que a semana pasada a Xunta de Goberno tamén aprobou un investimento de 850.000 euros destinado a aqueles clubs deportivos que participan en competicións federadas de ámbito nacional.
Carmela Silva sinalou que as subvencións aprobadas responden a un procedemento de concorrencia competitiva posto que “nós non damos recursos a dedo” e polo tanto, para acadar unha destas subvencións, teranse en conta unha serie de criterios: número de licenzas federativas totais, número de licencias de categoría base ou formativa, número de técnicas ou técnicos e adestradoras ou adestradores, número de licencias femininas e de deporte adaptado. En canto a estes dous últimos criterios a presidenta provincial matizou que “suma puntos apostar porque as mulleres e as persoas con máis dificultades teñan máis recursos”, polo tanto “esta discriminación positiva permite que poidan ter igualdade de oportunidades no eido do deporte”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11