Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 22 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha seis obradoiros online

Ata o 26 de febreiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre a xestión administrativa 4.0, a técnica e composición en fotografía, técnicas de márketing, audiomarketing, Impresión 3D e mellora da produtividade

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a xestión administrativa 4.0, a técnica e composición en fotografía, técnicas de márketing, audiomarketing, Impresión 3D e mellora da produtividade.

 

En concreto, 0 martes 23 impartiranse os obradoiros “Xestión administrativa 4.0: firma dixital e facturación electrónica”, a cargo de Daniel Cerqueiro, Licenciado e Doutor en Ciencias Físicas e, por outra banda, “Técnica e composición en fotografía”, da man de Laura Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.

 

O mércores 24, Sonia Torres, Técnica en Empresas e Actividades Turísticas, impartirá “Técnicas de márketing para a promoción de tours, experiencias e actividades”, dirixido a empresas turísticas que inclúen diversos servizos de ocio e entretemento para viaxeiros, turistas e para a poboación local. No mesmo día, Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro “Audiomarketing: crea e diferénciate da competencia cos podcast”, onde falará da utilidade desta ferramenta.

 

O xoves 25, será a quenda de “Impresión 3D VII : Laminador cura III” a cargo do experto en robótica Manuel Freire, quen dará continuidade ao obradoiro impartido semanas anteriores. Para finalizar, o venres 26, falarase da “Mellora a túa produtividade con trello e outras aplicacións”, onde Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, falará sobre esta ferramenta e como xestionar o noso traballo dende a casa

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.