Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 25 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Concello pon en marcha unha campaña para distribuír trampas para vespa

Difundirá un vídeo titorial nos centros educativos e a través da web e redes municipais e entregará parte do material necesario para que as familias rosaleiras poidan elaborar estas trampas nas súas casas

O Concello do Rosal continúa coa súa loita contra a vespa velutina. O goberno  municipal pon en marcha  unha campaña para tentar distribuír trampas contra esta vespa asiática por distintos puntos do municipio, actividade para a que quere contar coa implicación e colaboración de toda a veciñanza. “O obxectivo é que en cada casa poida colocarse unha destas trampas nesta época do ano, xa que as vespas que se collen a finais de febreiro e principios de marzo son as raíñas”, explica o concelleiro de Participación Veciñal, Ramón Fernández Leal.


Para levala a cabo, o Concello elaborou un vídeo titorial que se distribuirá nos centros educativos do Rosal e a través da web e das redes sociais municipais para explicar como crear de forma doada e sinxela unha trampa para atrapar a estas vespas cun tubo, unha botella, un cordel e cebo preparado con auga, azucre, mazá ou pera, viño tinto e cervexa. Para facilitar a creación destas trampas, a través dos centros educativos entregarase ás familias rosaleiras os tubos, que é o material máis difícil de preparar. O vídeo tamén pode verse na canle de Youtube do Concello.


Lémbrase á veciñanza que en caso de atopar un niño deben avisar ás autoridades e non acercarse a el, xa que as súas picaduras poden ser perigosas. As velutinas exterminan totalmente ás abellas, un dos insectos que máis beneficia ao medio ambiente polo seu papel como polinizador.  


Dende o Concello quere agradecerse ademais o gran labor que desenvolve o grupo de apicultores voluntarios que cada ano loitan para colocar trampas e retirar os niños de vespa velutina que se detectan no municipio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.