• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Miércoles, 14 de Octubre de 2026

Actualizada Miércoles, 14 de Octubre de 2026 a las 16:02:59 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Salceda tendrá 32 viviendas públicas con técnicas industrializadas

      Salceda tendrá 32 viviendas públicas con técnicas industrializadas

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas combate el calor en Bugallal con 1,2 millones

      Ponteareas combate el calor en Bugallal con 1,2 millones

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Nace una plataforma para pedir una extensión de la EOI en A Guard

      Nace una plataforma para pedir una extensión de la EOI en A Guard

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Retiran casi tres toneladas de uña de gato en el Monte Boi

      Retiran casi tres toneladas de uña de gato en el Monte Boi

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • OCU exige identificar las marcas de huevos del brote de salmonela

      OCU exige identificar las marcas de huevos del brote de salmonela

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 24 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
Vigo

Poesía, música e o talento das máis pequenas e pequenos para celebrar o día de Rosalía en Vigo

UxÍa puxo a melodía á festa rosaliana na sede provincial da rúa Chao e rapaces e rapazas do CEIP Altamar recitaron versos da escritora enchendo de maxia o evento

Os versos de Rosalía de Castro encheron esta tarde de maxia e poesía o Casco Vello de Vigo desde a sede da Deputación, situada moi preto dos talleres de Juan Compañel nos que se imprimiu en 1863 Cantares Gallegos. A autora galega máis universal foi homenaxeada no 184º aniversario do seu nacemento nun emotivo acto que contou coa música en directo de Uxía Senlle, a lectura por parte de Anna R. Figueiredo do manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega que recorda e enxalza á poetisa e novelista, o recitado dos seus poemas a cargo de rapazas e rapaces do CEIP Altamar, e a imaxinación e o talento artístico dos pequenos e pequenas da provincia expresados nos mil traballos presentados ao concurso de debuxo “A nosa Rosalía”. A imaxe da poetisa, acompañada dunha cita do seu texto Lieders, considerado o primeiro manifesto feminista de Galicia e publicado en Vigo en 1858, foron proxectados na fachada da sede tralo acto, ao igual que se fixo no Pazo Provincial, sede da Deputación en Pontevedra, e nos concellos de Silleda, Caldas, Bueu, Salvaterra, Oia e O Rosal.

 

O acto de conmemoración do Día de Rosalía, ao que Uxía Senlle puxo melodía coa interpretación de tres pezas, -a primeira delas “Rosalía pequeniña”, seguida de “Bos amores” e “Deiche o corazón na mán”- celebrouse na sala principal da sede viguesa, que leva precisamente o nome da escritora. Alí estaban presentes figuras do mundo da cultura, a política e o tecido social da cidade e a área metropolitana xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde Abel Caballero. “Rosalía é o epítome da muller galega adiantada ao seu tempo. Loitadora, inconformista. É a nosa referencia como pobo, está máis presente que nunca, e o seu pensamento é noso pero tamén universal”, proclamou a máxima responsable da institución provincial, que cualificou de “emocionante celebrar este acto nesta sala que homenaxea a Rosalía, nesta sede na que todos os espazos levan nome de muller, e tan preto do lugar no que se imprimiu Cantares Gallegos”.

 

A presidenta reivindicou á gran figura das letras galegas como pioneira do feminismo e comprometida coas causas sociais. “Temos a sorte de ser un pobo cunha muller como símbolo. Rosalía foi feminista, amaba á súa terra e denunciaba as inxustizas, pero tiña unha mirada optimista sobre Galicia. Hoxe celebramos o día do seu nacemento, e tamén a súa vida e obra. Representa o noso pobo, a nosa lingua, e o noso pensamento”, destacou Carmela Silva.

 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, resaltou na súa intervención que “cada vez que alguén le a poesía de Rosalía, fai que estea viva, e deste xeito fai tamén que siga para sempre connosco”. O rexedor sinalou que a escritora galega e universal “deixou a súa profunda pegada na historia deste país expresando o que sentía por esta terra, a querencia polo seu lugar de nacemento, cantando ás súas fontes e ríos, por iso é parte da nosa forza e todas e todos somos Rosalía”. Caballero felicitou á Deputación pola celebración do acto e lembrou que en Vigo publicouse a obra que “cambiou para sempre na nosa historia” e deu orixe ao Rexurdimento.

 

Pola súa banda, a deputada de Lingua, María Ortega, subliñou que “é preciso poñer en valor o compromiso e amor pola terra de Rosalía, unha pioneira do feminismo que se alzou como unha voz forte e firme”. A deputada avanzou que a institución provincial desenvolverá diversas iniciativas nos concellos “enxalzando a figura de Rosalía, a súa obra e a súa loita”.

 

“Un acto de rebeldía”!

A escritora Anna R. Figueiredo deu lectura ao manifesto co que este ano a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora o Día de Rosalía, e que ela elaborou. “Ser Rosalía é un acto de rebeldía, é unha acción política. Cada mirar nos ollos fire como cen saetas. Non precisamos máis, só mirar, Quen mira a obra de Rosalía entende a muller de vangarda que hai detrás dela, a insubmisa, a creadora de pensamento, a inconformista, a muller valente que elixe a palabra para loitar contra a inxustiza e crear un país sublime”, subliñou.

 

Lectura de versos e premios

A Deputación quixo que as rapazas e rapaces foran protagonistas do Día de Rosalía e un dos momentos especiais transcorreu durante a lectura por vía telemática de versos da escritora por parte de Maia Leirós, Alba Santamaría, Zoe Gameiro, Roi Lamas, e Daniela Camiña, cinco alumnas e alumnos do CEIP Altamar de Vigo, xunto aos que participou no acto a súa mestra Olaia Saborido. A presidenta Carmela Silva resaltou que “os rapaces e rapazas son herederos e herederas da nosa lingua e da nosa cultura, e desde a Deputación queremos deixarlles como legado o pobo que somos e a grande muller que é Rosalía”.

 

O concurso infantil “A nosa Rosalía” recibiu preto de mil debuxos desde 4o centros e 20 concellos e amosan a magnífica resposta recibida por parte das e dos escolares e os seus mestres e mestras a esta iniciativa. A deputada provincial de Cultura, Victoria Alonso, deu a coñecer a lista de gañadoras e gañadores destes premios, que consistirán en agasallos para os e as galardoadas e os seus centros. Na categoría “Campaniñas”, para escolares de 6 a 8 anos, o premio especial foi para Nicolás Coronel, do CEIP Carballal de Cabral (Vigo), e se seleccionaron os traballos de Pablo Pereira Barreiro, do CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei); Teba Martínez Sanmartín, do CEIP Pintor Laxeiro (Vigo) e Clara Montenegro, do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar. Na categoría “Airiños”, de 9 a 11 anos, levou o premio especial Malena Jamardo Cravello, do CEIP Alfonso VII Caldas de Reis e seleccionáronse os debuxos de Nerea Alonso, do CEIP Carballal de Cabral (Vigo); Nuria Figueira, do CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra) e Érika Rodriguez Alvarez, do CEIP Sobrada (Tomiño). A maiores, tamén conseguiu un primeiro premio Álex González, do Centro de Educación Especial de Vilagarcía.

 

Noticia anterior:
El PP denuncia que el edificio derrumbado en Areal llevaba declarado en ruinas desde 2011
Noticia siguiente:
A Corporación aproba definitivamente a modificación da ordenanza da auga
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Una mujer mordida por un perro recibirá 8.347 euros

Una mujer mordida por un perro recibirá 8.347 euros

Planificar la herencia con antelación evita conflictos y protege el patrimonio

Planificar la herencia con antelación evita conflictos y protege el patrimonio

La energía nuclear reivindica su papel estratégico en A Coruña

La energía nuclear reivindica su papel estratégico en A Coruña

La genética hereditaria predice la evolución del cáncer de próstata

La genética hereditaria predice la evolución del cáncer de próstata

Opinión

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Los estudiantes españoles son oficialmente más tontos

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Detenido en Cangas con más de 5 kilos de hachís y cocaína

Detenido en Cangas con más de 5 kilos de hachís y cocaína

JUCIL denuncia que la falta de personal convierte las puertas de los cuarteles en un punto crítico de seguridad

JUCIL denuncia que la falta de personal convierte las puertas de los cuarteles en un punto crítico de seguridad

La Guardia Civil esclarece una estafa por la compra de una cámara online

La Guardia Civil esclarece una estafa por la compra de una cámara online

Fraude con tarjeta: investigan a dos vecinos de Moaña

Fraude con tarjeta: investigan a dos vecinos de Moaña

Agenda

Octubre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

Los Trenes Turísticos de Galicia cierran con un 93,4 % de ocupación

Los Trenes Turísticos de Galicia cierran con un 93,4 % de ocupación

Galicia flexibiliza el acceso a trabajar como monitor de campamento

Galicia flexibiliza el acceso a trabajar como monitor de campamento

Provincia

La sanidad del área de Vigo renueva su flota con 24 vehículos híbridos

La sanidad del área de Vigo renueva su flota con 24 vehículos híbridos

La Deputación diseña su hoja de ruta digital hasta 2030

La Deputación diseña su hoja de ruta digital hasta 2030

Deportes

Mos se sube a los patines con un nuevo club de hockey

Mos se sube a los patines con un nuevo club de hockey

Bronce histórico del bádminton gallego en el Europeo sub-15

Bronce histórico del bádminton gallego en el Europeo sub-15

Porriño cae con claridad ante el Málaga (16-28)

Porriño cae con claridad ante el Málaga (16-28)

Motor

Lexus amplía su movilidad de lujo al mar con el LY680

Lexus amplía su movilidad de lujo al mar con el LY680

Salud

OCU exige identificar las marcas de huevos del brote de salmonela

OCU exige identificar las marcas de huevos del brote de salmonela

Galicia podrá cerrar defectos cardíacos sin cirugía abierta con compra única de dispositivos

Galicia podrá cerrar defectos cardíacos sin cirugía abierta con compra única de dispositivos

Ocho de cada diez personas rechazan que la IA sustituya a un psicólogo

Ocho de cada diez personas rechazan que la IA sustituya a un psicólogo

Turismo

Cabo Ortegal acogerá las XII Jornadas de la Red de Geoparques

Cabo Ortegal acogerá las XII Jornadas de la Red de Geoparques

Hogar

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

El PP denuncia que el edificio derrumbado en Areal llevaba declarado en ruinas desde 2011

A Corporación aproba definitivamente a modificación da ordenanza da auga

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder