Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 05 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luz verde aos convenios con entidades locais para o contrato de administración electrónica

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou os acordos con Arbo, A Guarda, Crecente, Catoira, Mondariz-Balneario, Moraña, Forcarei, Dozón, Pontecesures, Oia, As Neves, Bueu e coa Mancomunidade de Concellos do Val Miñor

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar os convenios de colaboración para a dotación do Servizo de Administración Electrónica con trece entidades locais da provincia. En concreto, deuse luz verde aos acordos cos municipios de Arbo, A Guarda, Crecente, Catoira, Mondariz-Balneario, Moraña, Forcarei, Dozón, Pontecesures, Oia, As Neves, Bueu e coa Mancomunidade de Concellos do Val Miñor.

 

A institución provincial aprobou recentemente o novo contrato para a prestación deste servizo de implantación, formación, soporte e mantemento da administración electrónica para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, cun investimento previsto de 578.500 euros. Deste xeito, trala citada aprobación, a Deputación tramita agora cos concellos cos que ten establecido un acordo marco os novos convenios para ofrecer esta dotación.

 

Desde que no 2016 a institución provincial puxo en marcha este servizo, son 54 concellos, 6 entidades locais menores e 4 mancomunidades os que se teñen adherido. Desde a súa implantación, este proxecto permitiu ás entidades locais da provincia ter todos os seus expedientes organizados e localizados,  evolucionar do expediente en papel ao electrónico, a través da implantación da sinatura electrónica. Amais, habilitou a posta en funcionamento das sedes electrónicas que permiten ás persoas relacionarse de xeito electrónico coa Administración local, consultar expedientes e rexistros, recibir notificacións electrónicas, realizar pagos telemáticos e verificar a validez de documentos electrónicos.

 

Amais do mantemento da plataforma de tramitación electrónica, a sede electrónica personalizada e o portal de xestión de procedementos/expedientes electrónicos, o servizo inclúe tarefas de formación para as persoas traballadoras dos concellos. Posibilita a realización electrónica de calquera trámite dun procedemento administrativo, xestión documental integral dos documentos, arquivo electrónico, funcionamento electrónico interno e o traballo de forma coordinada con outras administracións. Tamén inclúe o soporte e mantemento correctivo, e seguimento do proceso dende a súa implantación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.