PROVINCIA
A Deputación moderniza as instalacións deportivas de Vigo
Carmela Silva: “Continuaremos apoiando a Vigo con novos proxectos, un respaldo que antes non existía, e dígoo sen ningún ánimo de facer confrontación, pero é unha realidade que hai que poñer sobre a mesa”
O convenio de renovación das infraestruturas deportivas de Vigo, asinado entre a Deputación e o Concello no ano 2018, afronta a súa recta final coa reforma inminente dos campos de fútbol da Guía e Fragoselo (Coruxo). Tras mobilizar un investimento total de 9,4 millóns de euros, dos que 5,5 foron achegados pola Deputación, onte presentáronse estas dúas últimas obras. O acto celebrouse sobre o propio terreo de xogo da Guía coa presencia da presidenta provincial, Carmela Silva e o alcalde, Abel Caballero, que estiveron acompañados polos presidentes dos clubs da Guía, Manuel Simón, e Teis, Antonio Collazo, ademais de varios concelleiros/as.
“Este campo da Guía tráeme moitas lembranzas e espértame afectos porque aquí xogou meu fillo cando era alevín e eu viña aquí a velo”, recordou Carmela Silva ao tempo que amosou sentirse “encantada de que a Deputación apoie proxectos vinculados ao deporte, porque o deporte, como sempre di o alcalde, é a grande revolución deste século”. A presidenta lembrou que este respaldo a Vigo “non existía antes e dígoo sen ningún ánimo de facer confrontación, pero eu creo que a realidade hai que poñela enriba da mesa, xa que esta cidade ten o dereito a que se invista e se aposte polo seu desenvolvemento e, sobre todo, no mundo do deporte, onde Vigo é unha grande referencia”. Neste eido Silva, que informou que as achegas da institución sitúanse no 60% do importe das obras, destacou que dende que Abel Caballero está na Alcaldía estase a producir un “investimento potentísimo nos campos de fútbol onde as nenas e nenos practican deporte”. Tamén recordou que a Deputación cofinancia no marco do convenio de infraestruturas deportivas un total de 10 campos de fútbol na cidade “que supoñen unha renovación moi importante” e anunciou a continuación do apoio con novos proxectos.
Pola súa banda o alcalde Abel Caballero amosouse feliz de poder anunciar a reforma do campo da Guía, “un deses nos que arraiga a cidade de Vigo” e subliñou o poder vertebrador do deporte e dos clubs como “pezas esenciais na construción da cidade”. E, neste camiño, destacou a estreita colaboración de Carmela Silva “porque Vigo necesita compañeiros e compañeiras institucionais de viaxe e agora témolos na Deputación. Temos dez anos xuntos para sacar Vigo adiante, da man da Deputación porque ir xuntos é o que fai que neste momento en todo o mundo se fale de Vigo”. Tras lamentar o atraso nas obras por mor dos trámites con Costas anunciou que de cara ao verán A Guía disporá dunhas instalacións completamente renovadas, nun campo “onde xogou o fillo de Carmela que foi pai fai un par de días, polo que quero felicitar e amosarlle o noso agrado”. Tamén adiantou o alcalde que, aínda que a pandemia traia consigo novas situacións, “vamos seguir facendo un proxecto de renovación do conxunto dos campos”.
Abel Caballero: “Vigo necesita compañeiros e compañeiras institucionais de viaxe e agora témolos na Deputación”
A colaboración institucional entre o concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra permitiu xa a reforma integral dos pavillóns deportivos de Romil, Quirós e os da grada de Río de Balaídos, todos eles executados. Xunto cos catro pavillóns están xa en servizo as obras acometidas en 8 dos 10 campos de fútbol previstos: Navia, Candeán, Meixueiro, Bouza, Bouzas, Monte da Mina, As Relfas e San Andrés de Comesaña. As actuacións nas instalacións futbolísticas tiveron un custe separado de 3 millóns de euros, dos que 1,7 foron achegados pola Deputación. As obras, en función das necesidades de cada campo, consistiron na dotación de novo céspede artificial de última xeración, substitución da iluminación cun sistema automatizado de baixo consumo e reformas nos vestiarios e nas instalacións de auga quente sanitaria. No caso da reforma do campo de fútbol da Guía, cun orzamento de licitación de 340.000 euros, dotarase de novo céspede artificial, farois automatizados de tecnoloxía led e nova caldeira de auga quente sanitaria de biomasa para os vestiarios. Pola súa banda, no campo de Fragoselo, cun investimento previsto de 211.000 euros, realizarase a substitución do céspede artificial.
Iluminación programable a través dunha aplicación para móbil
Ademais do cambio a tapete de céspede artificial de última xeración e homologado pola Fifa, as obras acometidas en Vigo destacan pola significativa mellora enerxética, retirando tódolos focos de haloxenuros de alto consumo por tecnoloxía led, que non só supón un aforro, senón tamén unha significativa mellora na calidade da iluminación. Ademais, en tódolos campos onde se modernizou a iluminación, o sistema conta cunha aplicación móbil que permite a programación do acendido e apagado dende a pantalla dun teléfono. Este novo sistema de iluminación está dispoñible xa en Navia, Candeán, Meixueiro, Bouza, Bouzas, Monte da Mina, As Relfas e, en poucos meses, tamén en A Guía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11