VIGO
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a nova subestación eléctrica para Balaídos
A deputada Teresa Egerique afirmou que “para que a factoría de PSA manteña o seu potencial é primordial e inescusable reducir custos e mellorar a calidade do subministro eléctrico”
O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda do Goberno de España rectifique e inclúa na Planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a construción dunha nova subestación para atender a demanda industrial de Balaídos e conectar a Vigo á rede de transporte de 220 kilovoltios, facilitando unha subministración eléctrica moderna con capacidade de ofrecer estabilidade ao servizo.
A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique sinalou que “para que a factoría de PSA manteña ao máximo o seu potencial no futuro, e con iso asegurar a súa permanencia, é primordial e inescusable reducir custos e mellorar a calidade do subministro eléctrico”.
“Porén, para sorpresa e estupefacción de todos, o actual Goberno de España non só ven de renunciar a dar prioridade ao enganche que urxe a fábrica, se non que retirouno incluso da planificación de Rede Eléctrica para o período 2021-26, pese a quedar pendente do anterior sexenio e comprometido polo Goberno do Partido Popular”, lamentou. Neste sentido, apuntou que “agora mesmo, ademais de non estar, xa nin tan sequera se lle agarda”.
Teresa Egerique manifestou que “esta tropelía atenta contra a competitividade da automoción galega, xa que Balaídos é a única planta de automóbiles do España sen este servizo”. Ademais, considerou “inadmisible este portazo do Goberno de España cando a economía atravesa un momento complicado, así como un agravio intolerable porque Vigo é a única cidade do seu tamaño sen este servizo, así como a mais industrializada”.
Indicou que a decisión do Goberno central “é unha tropelía que atenta contra a competitividade da automoción galega”
A deputada popular salientou que a factoría de Balaídos é a planta líder na produción de coches en España e en xeral de todo o grupo Stellantis, “pero tamén o é en incidencias ocasionadas pola mala calidade da conexión eléctrica que chega a Vigo”.
“A solución está a apenas uns quilómetros: enganchar Balaídos coa rede de moi alta tensión de 220 KV que atravesa Porriño, unha conexión que pola súa maior potencia e configuración evitaría os ocos de tensións”. Con esta obra, “ademais dunha maior estabilidade enerxética á planta e ao resto de empresas da cidade, abarataría o prezo do subministro, que Stellantis había calculado nun millón de euros ao ano”.
Teresa Egerique manifestou que “a demanda da automoción galega o é de todos os galegos, porque Vigo é a única gran cidade española do seu tamaño que segue recibindo a electricidade cunha tensión de 132 KV, suficiente por agora para o consumo doméstico pero insuficiente para o seu uso industrial e para o Vigo do futuro”.
Así mesmo, a deputada popular indicou que esta acometida suporá un investimento aproximado de 70 millóns, “necesario para o crecemento da maior área poboacional e industrial de Galicia”. Por este motivo, lembrou que a propia factoría de Balaídos e a Xunta xa avanzaron que presentarán alegacións á nova planificación de Rede Electrica Española.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.6