NOVA EMISIÓN DE “SEN CÓDIGO POSTAL” NA TVG
Luis Zahera visita este sábado o concello de Cambados
Este novo programa, producido por Ézaro Films e cunha duración aproximada de 60 minutos, emitirase o indeiro sábado ás 18:00 h na Televisión de Galicia (TVG)
Nesta nova entrega de ”Sen código postal”, Anselmo ten unha cita cos artistas de Cambados. Empezando polos seu anfitrións, Pauliña e Quique, unha parella de cantautores e músicos cos que Anselmo descubrirá os tesouros que agocha a vila. Un pintor, un compositor que musicou os poemas de Cabanillas, a Fundación Manolo Paz e a praia Espiñeiro sorprenderán a Anselmo cunha riqueza artística allea, en moitos casos, os ollos do turismo convencional.
O broche final virá a man da nosa cicerone, que nos ofrecerá unha das súas composicións en directo.
“Sen código postal” conta cun vello coñecido da TVG, Anselmo, o carteiro de Luar, que agora é o carteiro da TVG. Anselmo é un tipo peculiar e simpático, que sempre vai coa súa bicicleta, a súa carteira amarela e a súa peculiar gorra con anteollos. Agora está de volta para percorrer Galicia e levar unha carta a un veciño para que lle ensine os recunchos da súa vila e se gañe con iso o recoñecemento de embaixador.
![[Img #68120]](https://xornal21.com/upload/images/03_2021/8373_scp11_cambados_4.jpg)
O programa permitirá facer un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, sempre ao xuízo das lembranzas e vivencias dos nosos cicerones.
O humor estará presente en cada un dos episodios e as bromas entre o presentador e os convidados marcarán o ritmo distendido deste novo programa que permitirá coñecer os recunchos menos explorados de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11