Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 04 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos constitúe a Mesa Local da Saúde coincidindo co Día Mundial da Obesidade

O Xerente da Área Sanitaria de Vigo e do CHUVI, Javier Puente, asistiu á sesión constitutiva celebrada esta mañá no Pazo de Mos

Esta mañá, coincidindo co Día Mundial da Obesidade, e a petición do persoal de Enfermería do Centro de Saúde de Mos, celebrouse no Pazo de Mos a sesión constitutiva da Mesa Coordinadora dos Programas Municipais de Saúde, contando coa presencia do Xerente da Área Sanitaria de Vigo e do CHUVI, Javier Puente.


Ademais de Puente asistiron á constitución da Mesa, convocada polo Concello de Mos, a alcaldesa, Nidia Arévalo, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social e Igualdade, Julia Loureiro, concelleira de Educación, Lorena Comesaña, enfermeira de familia e comunitaria do Centro de Saúde de Mos, Macarena Chacón, enfermeira de familia e comunitaria do Centro de Saúde de Mos, Lucía Leirós, enfermeira de familia e comunitaria do Centro de Saúde de Mos, Pablo López, Traballador Social da Asociación Española Contra o Cancro, Lorena Lago, monitora deportiva do Concello de Mos, Sandra Ledo, Traballadora Social do departamento municipal de Servizos Sociais, e Alba María Bugarín, Educadora Social do departamento municipal de Educación.

 

Na súa intervención o Xerente do CHUVI, manifestou a “total dispoñibilidade e absoluta colaboración da Área Sanitaria, do SERGAS e da Consellería de Sanidade en iniciativas deste tipo orientadas a facer un Mos máis saudable”.

 

Sobre esta Mesa que aglutina a diferentes colectivos municipais relacionados coa saúde, profesionais do ámbito e sector sanitario, etc. a rexedora local mosense declarou que “faise especialmente importante e necesiaria nun momento no que consideramos fundamentais este tipo de iniciativas dada a crise sanitaria derivada da COVID-19 na que nos atopamos inmersos, polo que felicito e doulle as grazas ao persoal do Centro de Saúde que tivo a iniciativa. E tamén destacar que teña sido constituída no día de hoxe, Día Mundial da Obesidade, como símbolo da loita contra esta importante causa de enfermidade e a promoción desde o Concello de Mos de hábitos de vida e alimentación saudables para combatila”.


Durante a celebración da Mesa plantexáronse e paníficaronse actividades a levar a cabo cos diferentes colectivos (escolares, adolescentes ,mediana idade e maiores) por parte das enfermeiras. Presentouse o obradoiro de almorzos saudables na escola por parte de Julia Loureiro. E acordouse iniciar, despois da vindeira Semana Santa, un programa de actividades deportivas ao aire libre para maiores, organizadas en grupos moi reducidos e guiadas polos monitores deportivos municipais; para que este colectivo, moi activo no municipio e que é o que máis está a sufrir o illamento por mor da crise sanitaria, poida retomar o exercizo físico e a socialización que tanto lle convén e que tanto ansía.


Os obxectivos desta primeira reunión da Mesa eran dar a coñecer aos principais activos comunitarios, a iniciativa de crear un espazo que se converta nunha ferramenta clave de participación que permita coñecer as necesidades sentidas dos cidadáns, organizacións e institucións locais e que a través da coordinación desenvólvanse intervencións comunitarias que dean resposta a estas demandas mellorando a calidade de vida da poboación mosense. Facilitar o contacto, comunicación e coordinación intersectorial no municipio. Crear sinerxias entre os diferentes actores do territorio optimizando os recursos da comunidade. Visualización das fortalezas e debilidades do territorio. Promover a saúde e o benestar social, potenciando a capacidade das persoas e grupos para a abordaxe dos seus problemas, demandas e necesidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.