Lunes, 09 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 07 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

ACIPOR pide examinar as axudas do Concello a hostelería, comercio e sector servizos

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), quixo facer pública a solicitude do seu colectivo ao Concello do Porriño sobre a necesidade de ponderar adecuadamente a finalidade dos fondos de apoio municipal entre os colectivos do comercio local, o sector servizos e a hostelería do Porriño.
 
 
Dende ACIPOR, son conscentes de que a pandemia de COVID-19 tivo un gran impacto na hostelería, pero tamén no comercio e no sector servizos local, que viu moi limitada a súa actividade durante os meses máis duros do confinamento e medidas de control da mobilidade. Sabemos que o impacto no colectivo hosteleiro foi importante, pero tamén o foi no pequeno comercio local e no sector servizos
 
 
ACIPOR fai esta consideración nun intre no que o Concello do Porriño está a debatir a liña de subvencións municipáis que a Corporación Municipal debe aprobar nas próximas semanas, e agarda que os grupos municipáis da corporación, sexan sensibles a esta proposta: Non se trata -indican dende ACIPOR- de buscar un equilibrio absoluto entre os tres sectores (hosteleiro, comercial e sector servizos), senón que exista unha ponderación adecuada entre os dous sectores e que en vez de falar dun 75%-25%, nos movamos máis entre un 60%-40% ou un 55%-45%.
 
 
Dende o colectivo comercial e do sector servizos, indican que en moitos casos, os autónomos non pudieron acollerse a ERTES ou figuras similares como sí pasou en moitos casos na hostelería, e por tanto, o impacto da pandemia foi tamén grande. É por elo, que o que pedimos non é igualdade absoluta, senón que exista un dialogo que permita chegar a un acordó no que as axudas do concello sexan máis ponderadas.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.