Deportes
A pista e os lanzamentos foron os protagonistas en Pontevedra
Excelente xornada atlética a vivida o pasado domingo nas pistas do CGTD de Pontevedra, onde o tempo, a gran participación e as boas marcas marcaron a intensa xornada.
No Campionato de Galicia de medio fondo e fondo para as categorías Sub16 e Sub18, producíronse excelentes resultados como o realizado nos 600 m. Sub16 polo atleta do Coruña Comarca Daniel Salgueiro quen pararía o reloxo en 1:27.97. Celia Castro do Mazí pola súa banda facía o propio na categoría feminina cun tamén salientable crono de 1:40.09.
Os 1.000 m. depararon un dos momentos do campionato xa que novamente Xela Martínez da Atlética Lucense lograba un rexistro oficial de 2:49.31 que representan un novo récord galego Sub16 mellorando a anterior plusmarca lograda por ela mesma fai unhas datas en Lugo. Na categoría masculina Pedro Quintas do C.D. La Purísima proclamábase campión autonómico cun bo tempo de 2:40.94 que o sitúan nun dois primeiros posto do ranking nacional.
Nos 3.000 m. os títulos galegos foron para Pepe Sánchez Del Valle do Franciscanos de Lugo con 9:30 74 e para Sara Guedes da Atlética Lucense baixando amplamente dos once minutos con 10:53.7.
Na categoría Sub18 e sobre os 400 m. títulos autonómicos tanto para Álvaro Díaz co C.D. La Purísima con 52.46 como para Inés Vázquez do C.A. Sada con 1:01.10. Boa marca a obtida por Degnesh Mato do C.A.Santiago con 2:20.14 sobre os 800 m. Na categoría masculina fermosa carreira a dos célticos Pedro Vázquez quen impoñíase por escasa marxe con 1:57.10 a Juan Núñez con 1:57.38.
Na proba raiña do medio fondo, os 1.500 m., intensa carreira a que Carolina Santos do Ria Ferrol protagonizaría impoñéndose con 4:59.07 a Marcela Morgado do Trega con 4:59.16. Iván Rego sería o dominador na categoría masculina onde o do Lucus remataba en 4:26.56
Po último nos 3.000 m. Ainhoa Gontán do Compostela Atlétismo proclamábse campioa da proba con 11:03.27 o mesmo que Antón Martínez da Atlética Lucense na categoría masculina con 9:34.00.
Mínima Paralímpica para Susana Rodríguez Gacio
Noutro orde de cousas salientar a participación na proba dos 1.500 m. T11 de ceguera, de Susana Rodríguez do A.F.Celta quen malia non tomar parte co seu guía habitual, lograba un rexistro de 4:56.99 que representa a mínima para tomar parte nos Xogos Paralímpicos de Tokio.
Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos
Xa na zona de lanzamentos correspondente ás instalacións do CGTD de Pontevedra, o atleta do C.A.Sada Fran Gúzman proclamábase campión autonómico da presente edición logo de lanzar ata os 45.13 m. Na categoría feminina o título correspondía á Sub20 Victoria Eiríz da Atlética Lucense con 38.01 m..
No martelo a Sub18 Marta Neira do AVA que recentemente se proclamaba campioa de España de lanzamentos de menores de inverno, lograba o título galego con 51.18 m., sendo a medalla de ouro na categoría masculina para o atleta e adestrador natural de O Barco pero asentado en Madrid, Carlos Revuelta do Marathon coin 62.00 m.
A xavelina, un dos pratos da xornada, non deparou sorpresas. Na categoría femenina campionato para a subcampioa de España de aire libre do ano pasado de Carmen Sánchez do Unicaja Jaén con 49.55 m. sendo Jonathan Correa do Celta o gañador na masculina, estreando tempada, con 56.16 m.
A maiores durante toda a xornada, estivo organizándose o II Control de inverno en pista cunha amplísima participación de atletas das categorías base do noso deporte

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163