Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 08 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Farrapos morados lembran no Rosal a igualdade

Alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier mandan unha mensaxe positiva a todas as mulleres na exposición que decorará durante todo o mes as rúas do Rosal

Poñer fin á brecha de xénero non só implicaría avances significativos para a sociedade, máis xusta, máis feliz e con maior benestar para todas as persoas, senón que tamén xeraría un importante crecemento económico, cun aumento da produtividade dos traballadores e traballadoras e maior poder de tracción de talentos. Todo vantaxes para unha realidade pola que rosaleiros e rosaleiras loitan tamén dende as aulas.


As rúas do Rosal enchénse dende hoxe mesmo e ata finais de mes dos ‘Farrapos morados’ creados polo alumnado de secundaria do CPI Manuel Suárez Marquier, unhas lonas que buscan reflectir e facer chegar á veciñanza todas aquelas cousas positivas que se poden facer e ter cando se vive en igualdade, “sen sufrir violencia de xénero nin ningún outro tipo de represión, cando se vive realmente en liberdade”, sinala a concelleira de Igualdade e Muller, Sara Vicente.

 

 

 

 

Nenos e nenas do CRA tamén participaron na iniciativa con lonas que están estes días expostas nas propias escolas

 

 

 


Cada unha das lonas recolle unha mensaxe optimista con palabras positivas por unha das caras e, na outra, mensaxes escritas polo alumnado de diferentes cursos coas ideas que queren transmitirlles á veciñanza. Nesta iniciativa tamén participaron os nenos e nenas do CRA María Zambrano, que decoraron algunhas lonas que quedaron expostas nas propias escolas unitarias.


Esta iniciativa forma parte da programación centrada na igualdade organizada polo Concello do Rosal para todo o mes de marzo e que busca a implicación da veciñanza participando en accións como a colocación das pegatinas do ‘Revolucionando Mentes 8M’ en fiestras e escaparates, a mostra ‘Iguais somos +’ ou a exposición ‘O traballo non ten xénero’ e o teito de cristal que a acompaña para simular as dificultades ás que teñen que enfrontarse as mulleres ao longo da súa vida laboral, social, familiar... polo mero feito de ser muller.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.