Galicia
Feijóo solicita ao Ministerio de Traballo celeridade na distribución dos fondos de emprego ás Comunidades
“Espero que nas vindeiras semanas teñamos as contías para que poidamos empezar xa a convocar os programas de emprego de xeito inmediato, porque practicamente estamos en abril e necesitamos executar o orzamento”, di
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe, durante unha reunión coa ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, celeridade na distribución dos fondos de emprego ás comunidades autónomas e axudas directas para os sectores máis afectados pola crise por mor da pandemia.
No tocante ao primeiro asunto, Feijóo valorou a confirmación por parte da ministra do incremento total dos fondos de emprego en máis dun 30%, así como o obxectivo de celebrar nas vindeiras semanas a Conferencia sectorial de emprego. “Espero que nas vindeiras semanas teñamos as contías para que poidamos empezar xa a convocar os programas de emprego de xeito inmediato, porque practicamente estamos en abril e necesitamos executar o orzamento”, dixo, asegurando que Galicia cumprirá os obxectivos que se establezan.
Así mesmo, constatou que a Comunidade galega tamén cumprirá cos criterios que marque a UE para poder xestionar os fondos dos programas europeos nesta materia, que ascenden a 700 millóns de euros.
En relación aos sectores máis afectados pola crise, o titular da Xunta trasladou á ministra de Traballo e Economía Social a necesidade de que o Goberno central active os 11.000 millóns de euros anunciados polo presidente Pedro Sánchez, e que estes se convertan en axudas directas, “de maneira que non se perdan nun número indeterminado de requisitos para poder acreditar o dereito a poder percibir estas axudas”, precisou.
“É dicir, estamos a falar de que se flexibilicen e se simplifiquen ao máximo os criterios para que as empresas e os traballadores poidan percibir estas axudas a tempo, xa que se facemos un sistema complexo e difícil, probablemente perdamos en todo este tempo miles de postos de traballo, como consecuencia de que estas cheguen tarde”, sentenciou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11